Transexualidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Transxénero")
Amanda Lepore, transexual.

Un transexual é unha persoa que se identifica cun xénero que non ten correspondencia directa co seu sexo xenital. Hai homes e mulleres transexuais que fan unha reasignación do seu sexo mediante terapias de tipo cirúrxico e endócrino.

Características[editar | editar a fonte]

Os requisitos mínimos para que unha persoa sexa considerada transexual están sempre en debate. Algunhas persoas achan que as mudanzas provocadas por tratamento hormonal, sen alteracións cirúrxicas, son suficientes para cualificar o uso do termo transexual. Outros, especialmente médicos, acreditan que existe un conxunto de procedementos que deben ser seguidos sempre. O público en xeral moitas veces define “un/unha transexual” como alguén que fixo ou planea facer unha cirurxía de “mudanza de sexo”. O termo corrente en uso para definir mudanzas das características sexuais é Cirurxía de Reasignación Sexual - CRS (Sex Reasignment Surgery - SRS, en inglés). Este termo reflicte a idea de que as persoas transexuais non están “mudando de sexo”, senón corrixindo os seus corpos. Entre tanto, ten sido comunmente aceptado que o desexo de pertencer ao sexo oposto, ou a afirmación de que determinada persoa é do sexo oposto ao sexo designado no nacemento, xa é condición suficiente para considerar a alguén transexual. En contraste, algunhas persoas transxéneras moitas veces non consideran que son ou queren pertencer ao sexo oposto, senón que son ou queren ser do xénero oposto.

Transxénero é considerado un termo paraugas para persoas que foxen dos roles de xénero. Entre tanto moitas persoas transexuais non se identifican como transxénero. Algúns ven transxénero como descaracterización e non recoñecemento de súas identidades, porque para estes o termo significa "quebra de papeis sociais de xénero", cando de feito se ven a si mesmos como pertencentes a un rol de xénero, pero diferente do que lles foi asignado no nacemento.

As persoas transexuais son moitas veces definidas como pertencentes á comunidade LGBT ou Queer. Algúns identifícanse con esta comunidade, outros non ou prefiren non usar o termo. Hai que salientar que a transexualidade non está relacionada coa orientación sexual. Mulleres e homes transexuais exhiben unha gama de orientacións sexuais da mesma forma que os cisexuais (non-transexuais). Eles sempre se refiren á súa orientación sexual en relación co seu xénero final.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]