Kevin Spacey

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kevin Spacey.

Kevin Spacey, nado o 26 de xullo de 1959 en South Orange, Nova Jersey, é un actor e director estadounidense, gañador de dous premios Óscar de Hollywood.

Índice

Biografía [editar]

Nado en South Orange, no estado de Nova Jersey, co nome Kevin Spacey Fowler. É o irmán menor dos tres fillos dun matrimonio formado por un pai redactor técnico, e una nai secretaria. O traballo do pai motivou que a familia se mudara en varias ocasións, vivindo en distintas localidades do país. Finalmente establecéronse en California, onde o pequeno Kevin puxo de manifesto o seu carácter falcatrueiro. Os seus pais enviárono a un internado dirixido por militares, onde foi expulsado ós poucos meses. Ingresou entón nun colexio do Val de San Fernando, preto de Los Ángeles. Allí Spacey encontrouse a gusto, e comezou a participar no teatro afeccionado da escola.

Finalizada a escola, e tras unha breve estancia nun colexio de actuación de Los Ángeles, Spacey marchou a Nova York e comezou a estudar interpretación no prestixioso Juilliard School. Ós dous anos estaba tan devecente de actuar, que abandonou o colexio antes de graduarse e incorporouse ó Festival de Shakespeare de Nova York.

En 1981 Spacey apareceu por primeira vez no teatro, interpretando a un mensaxeiro na obra de Shakesperare Enrique VI. Ó ano seguinte actuou nun drama de Ibsen en Broadway. Deuse de conta que o seu camiño estaba no cine, pero aínda así, Spacey seguiu actuando regularmente no teatro e gañou en 1991 un premio Tony, o equivalente ós Óscar no teatro.

Introduciuse no cine a mediados da década de 1980, con papeis secundarios en películas de éxito como Se acabó el pastel (con Jack Nicholson y Meryl Streep) e Armas de mujer (con Harrison Ford, Sigourney Weaver y Melanie Griffith). En 1992 participou en Glengarry Glen Ross, cun reparto de ilustres veteranos: Al Pacino, Jack Lemmon, Ed Harris... Pero a súa consagración como estrela foi co thriller Se7en, xunto a Brad Pitt e Morgan Freeman, onde fai á perfección o papel dun asasino psicópata.

Spacey é sen dúbida un dos grandes actores de carácter norteamericanos dos nosos días. Gañou dous Óscar, un como mellor actor de reparto e outro como mellor actor principal, este último por American Beauty en 1999. Recentemente, Spacey foi nomeado director artístico do teatro Old Vic en Londres, nun dos teatros máis prestixiosos de lingua inglesa. Alí dirixe unha nova compañía teatral, que actúa durante oito meses ó año, e da que Spacey é tamén actor, ademais de director. Entre outras obras, estreou en Londres Cloaca da dramaturga Maria Goos.

Kevin Spacey vive actualmente en Los Ángeles e é amigo de actores como Steve Martin, Sean Penn y Tom Hanks. Nunca se casou, e mantense reservado no tocante a súa vida privada, fomentando así rumores sobre a súa sexualidade, os cales desmentiu en numerosas ocasións.

Filmografía [editar]

Premios [editar]

Premios Óscar
Ano Categoría Película Resultado
1999 Mejor actor American Beauty Gañador
1995 Mejor actor de reparto The Usual Suspects Gañador
Premios Globo de Oro
Ano Categoría Película Resultado
2011 Mellor actor - Comedia o musical Casino Jack Candidato
2004 Mellor actor - Comedia o musical Beyond the Sea Candidato
2003 Mellor actor - Drama The Life of David Gale Candidato
1999 Mellor actor - Drama American Beauty Candidato
1997 Mellor actor - Drama L. A. Confidential Candidato
1995 Mellor actor de reparto The Usual Suspects Candidato
Premios BAFTA
Ano Categoría Película Resultado
1999 Mellor actor American Beauty Gañador
1997 Mellor actor L.A. Confidential Candidato
Premios del Sindicato de Actores
Año Categoría Película Resultado
1999 Mellor actor American Beauty Gañador
1997 Mellor reparto L.A. Confidencial Candidato

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]