The Usual Suspects
| Sospeitosos habituais | |
|---|---|
| Título orixinal | The Usual Suspects |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Bryan Singer |
| Produtor | Bryan Singer |
| Guión | Christopher McQuarrie |
| Baseado en | {{{baseado}}} |
| Intérpretes | Stephen Baldwin, Gabriel Byrne, Benicio del Toro, Kevin Pollak, Kevin Spacey, Chazz Palminteri |
| Música | John Ottman |
| Fotografía | Newton Thomas Sigel |
| Montaxe | John Ottman |
| Estudio | {{{estudio}}} |
| Distribuidor | Spelling Films International |
| Ano | 1995 |
| Duración | 105 min. |
| País | Estados Unidos |
| Xénero | Acción / Thriller / Misterio |
| Orzamento | |
| Filme anterior | {{{anterior}}} |
| Filme seguinte | {{{seguinte}}} |
| Ficha en IMDb | |
The Usual Suspects é unha película estadounidense de 1995 escrita por Christopher McQuarrie (quen gañou un Oscar ó mellor guión orixinal por este traballo) e dirixida por Bryan Singer. Está protagonizada por Kevin Spacey (Oscar ó mellor actor de reparto), Gabriel Byrne, Stephen Baldwin, Benicio del Toro e Kevin Pollak.
Cun orzamento duns 4 millóns de dólares, non foi moi ben recibida nas salas de cine durante a súa estrea, formando parte da lista de «As películas máis odiadas por Roger Ebert», pero foi atractiva para moitos seguidores do xénero de crime/drama e é considerada unha película de culto. Dez anos despois da súa estreo seguía no Top 25 de Internet Movie Database «Top 250 Movie List».
Índice |
Sinopse [editar]
Roger «Verbal» Kint (Spacey) é un pequeno estafador tolleito que está sendo interrogado pola policía dos Ánxeles, e vaille contando ao seu interrogador, o axente Kujan (Chazz Palminteri), unha historia sobre os acontecementos que desencadearon un tiroteo e unha masacre dentro dun barco apostado no porto dos Ánxeles. Usando a narración en retrospectiva, a historia de «Verbal» vai sendo cada vez máis complexa, aclarándolle os feitos ao axente, que está interesado en saber por que el e os seus compañeiros estaban nese barco.
Elenco [editar]
- Kevin Spacey — Roger Verbal Kint
- Benicio del Toro — Fred Fenster
- Stephen Baldwin — Michael McManus
- Gabriel Byrne — Dean Keaton
- Kevin Pollak — Todd Hockney
- Chazz Palminteri — Dave Kujan
- Pete Postlethwaite — Kobayashi
- Suzy Amis — Edie Finneran
- Giancarlo Esposito — Jack Baer
- Dan Hedaya — Jeff Rabin
- Christine Estabook — dra. Plummer
Galardóns [editar]
| Data | Premio | Categoría | Receptor(es) | Resultado |
|---|---|---|---|---|
| Marzo de 1996 | Premios Óscar [1] | Mellor actor de reparto | Kevin Spacey | Gañador |
| Mellor guión orixinal | Christopher McQuarrie | Gañador | ||
| Xuño de 1996 | Premios Saturn[2] | Mellor película de acción / aventuras | Gañadora | |
| Mellor director | Bryan Singer | Nominado | ||
| Mellor música | John Ottman | Gañador | ||
| Abril de 1996 | Premios BAFTA[3] | Mellor película | Bryan Singer, Michael McDonnell | Nominado |
| Mellor guión orixinal | Christopher McQuarrie | Gañador | ||
| Mellor montaxe | John Ottman | Gañador | ||
| Decembro de 1995 | Boston Society of Film Critics[4] | Mellor actor de reparto | Kevin Spacey | Gañador |
Notas [editar]
- ↑ "Nominees & Winners for the 68th Academy Awards" (en inglés). The Academy of Motion Picture Arts and Sciences. http://www.oscars.org/awards/academyawards/oscarlegacy/1990-1999/68nominees.html. Consultado o 28 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Past Saturn awards" (en inglés). Academy of Science Fiction, Fantasy & Horror Films. http://www.saturnawards.org/past.html. Consultado o 28 de xaneiro de 2011.
- ↑ "Film nominations 1995" (en inglés). BAFTA. http://www.bafta.org/awards/film/nominations/?year=1995. Consultado o 28 de xaneiro de 2011.
- ↑ "BSFC past winners" (en inglés). Boston Society of Film Critics. http://www.thebsfc.org/PastWin.html#d1995. Consultado o 28 de xaneiro de 2011.