21 (filme)
| 21 | |
|---|---|
| Título orixinal | 21 |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Robert Luketic |
| Produtor | Kevin Spacey Brett Ratner Dana Brunetti Michael DeLuca |
| Guión | Peter Steinfeld Allan Loeb Chris Kalyvas |
| Baseado en | Bringing Down the House de Ben Mezrich |
| Intérpretes | Jim Sturgess Kevin Spacey Kate Bosworth Laurence Fishburne Aaron Yoo |
| Música | David Sardy |
| Fotografía | Russell Carpenter |
| Montaxe | Elliot Graham |
| Estudio | Relativity Media Trigger Street Productions |
| Distribuidor | Columbia Pictures |
| Ano | 2008 |
| Duración | 123 minutos |
| País | |
| Xénero | Thriller |
| Orzamento | $35,000,000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
21 é un filme estadounidense dirixido polo director australiano Robert Luketic que foi estreado no 2008. Está baseado no libro Bringing Down the House de Ben Mezrich.
Índice |
[editar] Argumento
Historia dun grupo de rapaces que se converteron en expertos na arte de contar cartas para gañar nos casinos. Ben Campbell (Jim Sturgess) é un tímido e brillante estudante do prestixioso Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT) que, ó non poder pagar a matrícula da universidade, atopa a solución nas cartas. Dáselle a oportunidade de unirse a un grupo formado polos estudantes máis dotados da escola, que viaxan ata As Vegas cada fin de semana armados con identidades falsas e co coñecemento necesario para inclinar as probabilidades de éxito no xogo do Blackjack ó seu favor. Seducido polos cartos, o estilo de vida das Vegas, e pola súa intelixente e atractiva compañeira de equipo, Jill Taylor (Kate Bosworth), Ben comeza a cruzalos límites. Aínda que contar as cartas non é ilegal, as apostas son altas, e o desafío consiste non só en levar ben a conta dos números, senón en ir un paso por diante do ameazador policía de casinos: Cole Williams (Laurence Fishburne).
[editar] Personaxes
- Jim Sturgess como Ben Campbell
- Kevin Spacey como Profesor Micky Rosa
- Kate Bosworth como Jill Taylor
- Laurence Fishburne como Cole Williams
- Aaron Yoo como Choi
- Liza Lapira como Kianna
- Jacob Pitts como Fisher
- Jack McGee como Terry.
- Josh Gad como Miles Connoly
- Sam Golzari como Cam Azazi
- Helen Carey como Ellen Campbell
- Jack Gilpin como Bob Phillips.
- Spencer Garrett como Stemple.
- Jeff Ma como crupier Jeff
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)