Kalkidan Gezahegne

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKalkidan Gezahegne

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1991 Editar o valor em Wikidata (32 anos)
Adís Abeba Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEtiopía
Bahrain Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmediofondista , fondista Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaBahrain
Etiopía Editar o valor em Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportiva10 000 metros
10 quilômetros (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
7 de agosto de 2021Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - 10 000 m feminino (pt) Traducir (2ª) Editar o valor em Wikidata

IAAF: 14259836 Editar o valor em Wikidata

Kalkidan Gezahegne, nada en Adís Abeba o 8 de maio de 1991, é unha atleta de medio fondo de Bahrain especializada en 1500 metros. Representou a Etiopía antes de adquirir a nacionalidade de Bahrain en 2013.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gañou a medalla de prata en 1500 metros no 2008 Campionato Mundial Júnior de 2008 en Bydgoszcz (Polonia). Obtivo outra prata no Campionato Africano Júnior de Atletismo de 2009 en Bambous (Mauricio), no que acabou por detrás da surafricana Caster Semenya.[1] Xa como absoluta, Kalkidan acabou novena en 1500 metros no Mundial de Atletismo de 2009 en Berlín e quinta en 3000 metros na IAAF World Athletics Final de 2009.

No Mundial de Atletismo en Pista Cuberta de 2010 en Doha (Qatar), tivo unha reacción sorprendente ao clasificarse para a final. En plena eliminatoria, chocou con Yevgeniya Zolotova e caeu. Ergueuse para continuar a carreira, e non só alcanzou as súas competidoras, senón que amais gañou a carreira co tempo máis rápido de calquera corredor da xornada.[2] Na final superou a súa compatriota Gelete Burka, daquela campioa, e gañou o ouro. Con 18 anos e 310 días naquel momento, converteuse na vencedora máis nova dun Mundial de Atletismo en Pista Cuberta. Superou, así, o récord da romanesa Gabriela Szabo, 15 anos atrás.[3] Non puido participar no campionato ao ar libre ese ano debido a unha lesión.[4]

As súas mellores marcas persoais son:

Dende 2017, especializouse en carreira de fondo, 5000 metros e 10000 metros. Destaca a súa medalla de ouro en 5000 metros nos Xogos Asiáticos de Iacarta en 2018.

Nos Xogos Olímpicos de Toquio en 2021, Kalkidan obtivo a medalla de prata en 10000 metros en 29 min 56 s 18, trala neerlandesa Sifan Hassan. Superou notabelmente a etíope Letesenbet Gidey, quen ostentaba o récord mundial nesa distancia[5].

O 3 de outubro de 2021, Kalkidan bateu o récord mundial en 10 km por estrada na carreira The Giants Geneva en Xenebra, Suíza. Con 29:38, superou a marca anterior por 5 segundos.[6]

O 14 de novembro de 2021, participou na carreira popular ourensá do San Martiño, na que ficou en cuarto lugar.

Mellores resultados[editar | editar a fonte]

Acontecemento Tempo (m:s) Data Local
1500 m 4:00.97 29 de maio de 2011 Hengelo, Países Baixos
1500 m (interior) 4:03.28 10 de febreiro de 2010 Estocolmo, Suecia
Carreira de milla (interior) 4:24.10 20 de febreiro de 2010 Birmingham, Reino Unido
3000 m 8:34.65 4 de setembro de 2018 Zagreb, Croacia
3000 m (interior) 8:37.47 19 de febreiro de 2011 Birmingham, Reino Unido
5000 m 14:52.92 1 de xuño de 2021 Montreuil, Francia
10000 m 29:50.77 8 de maio de 2021 Maia, Portugal
10km (estrada) 29:38 3 de outubro de 2021 Xenebra, Suíza

Notas[editar | editar a fonte]