Josep-Lluís Carod-Rovira
| Josep-Lluís Carod-Rovira | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 7 de xuño de 1952 | ||
| Lugar: | Cambrils, Cataluña |
||
| Falecemento: | |||
| Lugar: | , | ||
| Organización: | Actualmente: Esquerra Republicana de Catalunya Anteriormente: Partit Socialista d'Alliberament Nacional (1970 - 1977) Nacionalistes d'Esquerra (1980 - 1986) |
||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Conseller en Cap da Generalitat de Catalunya (2003) Vicepresidente da Generalitat de Catalunya (dende 2006) |
||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Político e filólogo | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Josep-Lluís Carod-Rovira, nado en Cambrils, provincia de Tarragona, o 7 de xuño de 1952, é un político e filólogo catalán.
Traxectoria [editar]
Licenciouse en Filoloxía Catalá e exerceu como técnico superior de planificación lingüística da Generalitat de Catalunya entre 1981 e 1988 e xefe dos Servizos Territoriais de Cultura do Goberno autonómico catalán en Tarragona (1982-1984).
Desde moi novo militou en movementos políticos a favor da independencia de Cataluña. En 1970 comezou a súa militancia no Partit Socialista d'Alliberament Nacional. Por mor do seu activismo político, en 1973 foi feito preso, neste caso por pertencer á Assemblea de Catalunya.
Poucos anos despois, en 1977 abandonou o PSAN, e en 1980 encabezou a candidatura dos Nacionalistes d'Esquerres na circunscrición de Tarragona. Porén, en 1986 abandonou esta formación e publicou o seu artigo Crida Nacional a ERC (en galego, Berro Nacional a ERC), propondo a renovación do histórico partido republicano cara a teses expresamente independentistas.
Entrada en Esquerra [editar]
Comezou a militar en Esquerra Republicana de Catalunya e conseguiu acta de deputado do Parlamento de Cataluña en 1988. No congreso de Lleida (1989), Carod-Rovira presentou a súa candidatura para a Secretaría Xeral do partido, pero retirouna na segunda volta posto que Àngel Colom permitira o triunfo das teses independentistas no partido. Porén, o propio Colom protagonizaría en 1996 unha escisión en Esquerra, creando o Partit per la Independència.
A marcha de Colom producíase pouco antes do Congreso de Vilafranca, co que ficaba vacante o posto de secretario xeral, cargo este para o que Carod-Rovira foi elixido como home de consenso. Xa en 1999 (e posteriormente en 2003), o de Cambrils encabezou a candidatura de Esquerra ao Parlamento de Cataluña. Co triunfo en 2003 da alianza post-electoral entre o Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC), Iniciativa per Catalunya-Els Verds (IC-V) e a propia ERC, o líder republicano foi nomeado Conseller en Cap (cargo de funcións similares a vicepresidente) da Generalitat de Catalunya.
Porén, apenas uns mes despois de ter sido elixido para o cargo, Carod-Rovira viuse na obriga de dimitir, xa que se fixo pública unha reunión que mantivo con dirixentes da banda terrorista ETA, substituíndoo no cargo Josep Bargalló i Valls.
Mesmo así, repetiu candidatura á presidencia da Generalitat para as eleccións que se celebraron o 1 de novembro de 2006. Logo de intensas negociacións postelectorais, reeditouse o chamado tripartito (alianza entre o PSC, ERC e ICV-Els Verds). Con José Montilla na presidencia, Carod-Rovira foi investido vicepresidente da Generalitat, un cargo que até o momento non existía formalmente con esa denominación.
Carod-Rovira tamén é autor de diferentes ensaios sobre a política catalá e a identidade nacional de Cataluña:
- Rovira i Virgili i la qüestió nacional (1984).
- Marcel·lí Domiingo, de l'escola a la República (1988).
- Tornar amb la gent (1997).
- Jubilar la transició (1998).
- El futur a les mans (2003).
| Predecesor: Àngel Colom |
ERC Secretario Xeral de ERC 1996 - 2004 |
Sucesor: Joan Puigcercós |
| Predecesor: Artur Mas |
Conselleiro primeiro do Goberno de Cataluña 2003 - 2004 |
Sucesor: Josep Bargalló i Valls |
| Predecesor: Jordi Carbonell |
ERC Presidente de ERC 2004 - 2008 |
Sucesor: Joan Puigcercós |
| Predecesor: Ningún Con anterioridade: Joan Casanovas (1931 - 1932) |
Vicepresidente do Goberno de Cataluña 2006 - Actualidade |
Sucesor: No cargo |