Partit dels Socialistes de Catalunya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "PSC")
Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC)
Logo-PSC.gif
Partido político de Cataluña
Asociado do PSOE en Cataluña
Líder Isidre Molas (Presidente)
Pere Navarro i Morera (Secretario Xeral)
Fundación 16 de xullo de 1978
Sede Nicaragua 75-77, 08029 Barcelona
Ideoloxía Catalanismo
Socialdemocracia
Federalismo
Representación 37 escanos (de 135) no Parlamento de Cataluña
25 escanos (de 350) no Congreso dos Deputados
Filiación internacional Internacional Socialista e do Partido dos Socialistas Europeos
Mocidades Joventut Socialista de Catalunya
Publicación oficial Endavant Digital
Páxina web www.socialistes.cat

Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC) é un partido socialdemócrata catalán creado o 16 de xullo de 1978 coa fusión do Partit Socialista de Catalunya-Congrés, o Partit Socialista de Catalunya-Reagrupament e a federacion catalá del PSOE. O PSC está asociado ó PSOE co que comparte grupo parlamentario no Congreso dos Deputados

Nas eleccións municipais de 1979 consolídase como a segunda forza de Cataluña. Nas eleccións autonómicas de 1980 presentou como candidato á Generalitat a Joan Reventós que non puido evitar o triunfo do candidato converxente Jordi Pujol. En 1999 consegue ser a forza máis votada nas eleccións autonómicas pero con menos escanos que Convergència i Unió. Tras as eleccións autonómicas de 2003 o candidato do PSC, Pasqual Maragall vai gobernar co apoio de ERC e de ICV-EUiA.