Jordi Cruyff
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Jordi Cruyff | ||
| Nacemento | 27 de xaneiro de 1986 | ||
| Lugar | Amsterdam, Países Baixos | ||
| Posición | Dianteiro | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1981-1988 | Ajax Amsterdam | ||
| 1988-1992 | FC Barcelona | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1992-1995 | FC Barcelona B | 51 | (16) |
| 1994-1996 | FC Barcelona | 41 | (11) |
| 1996-2000 | Manchester United | 34 | (7) |
| 1999 | Cedido Celta de Vigo | 8 | (1) |
| 2000-2003 | Deportivo Alavés | 94 | (7) |
| 2003-2004 | RCD Espanyol | 30 | (3) |
| 2006-2008 | FC Metalurh Donetsk | ||
| 2008-2010 | Valletta Football Club | ||
| 2010-2012 | AEK Larnaca | ||
| Selección nacional | |||
| 1995-2004 | Selección de fútbol dos Países Baixos | 9 | (2) |
| 1996 | Selección de fútbol de Cataluña | 9 | (1) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Jordi Cruyff, nado en Amsterdam en 1974, é un futbolista catalán-holandés que xoga na demarcación de dianteiro. É fillo do lendario futbolista Johan Cruyff.
Índice |
Traxectoria [editar]
Formouse nas categorías inferiores do FC Barcelona, debutando co primeiro equipo na tempada 1994/95 dirixido polo seu pai Johan Cruyff. Ao finalizar a tempada seguinte foi cedido ao Manchester United da Premier League, porén non contou con moitas oportunidade e foi cedido ao Celta de Vigo na tempada 1998/99, pero so disputou oito encontros marcando un gol.
No ano 2000 volve á liga española para xogar no Deportivo Alavés xa en propiedade, en Vitoria milita tres tempadas, sendo unha peza importante do equipo que chega a clasificarse para a Copa da UEFA, porén ao final desa mesma tempada o equipo descende a Segunda División Española. Jordi deixa o equipo e ficha polo RCD Espanyol.
Ao finalizar esa tempada permaneceu en Barcelona semiretirado a causa das lesións, adestrandose co FC Barcelona B e disputando algún encontro de veteranos.
Na tempada 2006/07 volveu á actividade ao fichar polo FC Metalurh Donetsk da primeira división ucraína, xogou no equipo tres tempadas ao final das cales ocupaba a posición de defensa central.
En xuño de 2009 fichou polo Valletta FC de Malta, onde tamén realizou as labores de asistente do técnico, Tom Caanen.
Finalmente retirouse en 2012, xogando no AEK Larnaca de Chipre.
Ca selección de fútbol [editar]
Foi internacional ca Selección de fútbol dos Países Baixos en nove ocasións, anotando un gol. Baixo as ordes de Guus Hiddink disputou a Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996.
Tamén disputou nove encontros ca Selección de fútbol de Cataluña, marcando dou goles.
Palmarés [editar]
Títulos en España [editar]
- 1 Supercopa co FC Barcelona: 1994-95
Títulos en Inglaterra [editar]
- 2 Ligas co Manchester United
- 2 Supercopas co Manchester United
Títulos internacionais [editar]
- 1 Copa intercontinental co Manchester United
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Nados en 1974
- Nados en Amsterdam
- Futbolistas neerlandeses
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do FC Barcelona Atlètic
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do Manchester United FC
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Deportivo Alavés
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do FC Metalurh Donetsk
- Xogadores do Valletta Football Club
- Xogadores do AEK Larnaca
- Xogadores da selección de fútbol dos Países Baixos
- Xogadores da selección de fútbol de Catalunya