John Fowles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

John Robert Fowles, nado en Leigh-on-Sea, Essex, en 1926 e finado en Dorset o 5 de novembro de 2005, foi un escritor inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo dun mercader de tabaco e dunha mestra. Estudou francés nas universidades de Edimburgo e de Oxford e logo de licenciarse en 1950 ensinou en Francia e Grecia. Neste país comezou a escribir poesía. En 1954 regresou a Inglaterra para ensinar nun instituto de Londres. A súa primeira novela, O coleccionista (The Collector, 1963), converteuse nun éxito internacional que fixo que Fowles deixase o ensino para dedicarse en exclusiva a escribir.

Asentouse en Dorset, contorno que utilizou para A muller do tenente francés (The French Lieutenant's Woman, 1969). No mesmo ano adaptou O Mago (The Magus), baseada nas súas experiencias en Grecia, para o cinema, aínda que sen éxito. Si que o tivo a adaptación d'A muller do tenente francés, en 1981 - neste caso con guión de Harold Pinter e cunha nominación ao Óscar. O Aristos, unha colectánea de reflexións filosóficas, é a súa obra máis coñecida non de ficción.

John Fowles recorre á ironía para interpolar alusións a teorías científicas e artísticas da época na que se ambienta a narración (Darwin, Marx, os prerrafaelitas), parodiando así determinada tradición narrativa vitoriana. É por isto que algúns críticos considéranno un precursos do postmodernismo.

Obras[editar | editar a fonte]

  • (1963) O coleccionista (The Collector)
  • (1964) O Aristos (The Aristos )
  • (1965) O mago (The Magus )
  • (1969) A muller do tenente francés (The French Lieutenant's Woman)
  • (1974) A torre de ébano (The Ebony Tower)
  • (1977) Daniel Martin
  • (1979) A Árbore (The Tree)
  • (1982) Mantissa
  • (1985) Un verme (A Maggot])
  • (1998) Furados de verme - Ensaios e escritos ocasionais (Wormholes - Essays and Occasional Writings)
  • (2003) Os diarios (The Journals - Volume 1)