Joan Oriol
(2016) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1986 (38 anos) Cambrils, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 175 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 69 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2008 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Lateral e defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 3 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Irmáns | Eduard Oriol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Joan Oriol Gràcia, nado en Cambrils o 5 de novembro de 1986, é un futbolista español que xoga de lateral esquerdo no Gimnàstic de Tarragona, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado na canteira do Cambrils, xogou no La Pobla de Mafumet, no Reus e no Gavà, antes de ingresar no Villarreal B en 2008. Co filial amarelo logrou o ascenso á Segunda División na súa primeira tempada, contribuíndo con 32 partidos e 2 goles. Debutou co primeiro equipo do Villarreal o 6 de xaneiro de 2010, sendo titular ante Celta de Vigo nos oitavos de final da Copa do Rei.[1] O 27 de novembro do mesmo ano disputou o seu primeiro partido na Primeira División, nunha vitoria por 3-0 diante do Zaragoza.
Na tempada 2010/11 subiu definitivamente ao primeiro equipo, co que sufriu un descenso a Segunda, seguido dun novo ascenso. Disputou un total de 65 encontros co primeiro equipo do club groguet, ata que xullo de 2013 asinou con Osasuna.[2]
Xogou 14 partidos co club navarro, co que tamén acabou descendendo. En 2014 fichou polo Blackpool do Championship inglés, onde se reencontrou co seu irmán xemelgo Eduard.[3] Con todo, o seu contrato foi rescindido en xaneiro.[4]
O 4 de xullo de 2015, despois dun breve paso polo Rapid București de Romanía, asinou un contrato de dous anos co Mallorca.[5] Xogou 64 partidos co equipo balear, descendendo na súa segunda tempada á Segunda División B. En agosto de 2017 ingresou no Atromitos de Grecia.[6]
Regresou a Cataluña en xaneiro de 2018, fichando polo Cornellà de Segunda B. Nos seguintes anos vestiu as camisetas do Lleida Esportiu e do Gimnàstic de Tarragona.[7]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]O seu irmán xemelgo Eduard tamén foi futbolista. Xogaba como extremo e ambos coincidiron no mesmo equipo en varias ocasións.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Madrigal dictará sentencia". Marca (en castelán). 6 de xaneiro de 2010. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ M. de Zúñiga, Uxue (2 de xullo de 2013). "Joan Oriol: "Osasuna no se va a arrepentir de haberme fichado"". As (en castelán). Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ "Blackpool: Joan Oriol joins after leaving Spanish club Osasuna". BBC (en inglés). 4 de agosto de 2014. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ "Oriol twins exit Bloomfield Road" (en inglés). 12 de xaneiro de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ "Joan Oriol un nuevo refuerzo para el Real Mallorca" (en castelán). 7 de xullo de 2015. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ "Ανακοίνωσε Οριόλ ο Ατρόμητος" (en grego). 28 de agosto de 2017. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ "Joan Oriol, nou jugador grana" (en catalán). 7 de setembro de 2020. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- ↑ "Edu y Joan Oriol: tú al Barça, yo al Villarreal". Mundo Deportivo (en castelán). 29 de decembro de 2010. Consultado o 14 de novembro de 2023.
- Nados en 1986
- Nados en Cambrils
- Futbolistas de Cataluña
- Defensas de fútbol
- Xogadores do CF Reus Deportiu
- Xogadores do CF Gavà
- Xogadores do CA Osasuna
- Xogadores do Blackpool FC
- Xogadores do FC Rapid București
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do Atromitos FC
- Xogadores da UE Cornellà
- Xogadores do Lleida Esportiu
- Xogadores do Gimnàstic de Tarragona