Jean-Luc Godard

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jean-Luc Godard en 1968.

Jean-Luc Godard, nado en París o 3 de decembro de 1930, é un director de cine franco-suízo. Ten cultivado un cine vangardista, experimental e é considerado un dos membros mais influentes da "nouvelle vague". A súa primeira longametraxe, À bout de souffle, obtivo un grande recoñecemento no Festival de Cannes de 1959, malia que non acadou ningún dos premios.

O cine de Godard caracterízase pola súa irreverencia e rebeldía respecto á montaxe considerada clásico, hai quen o conceptualiza coma un exhibicionista, porén, consolídase coma un referente dentro do cine moderno e en especial dentro da chamada "nova onda" do cine francés.