Janez Boljka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJanez Boljka
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1931 Editar o valor em Wikidata
Subotica, Serbia Editar o valor em Wikidata
Morte20 de agosto de 2013 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Liubliana, Eslovenia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEslovenia (1991–)
República Federal Socialista de Iugoslavia (–1991)
Reino de Iugoslavia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Ljubljana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor , gravador , pintor , artista gráfico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua eslovena Editar o valor em Wikidata
Premios

Janez Boljka, nado en Subotica o 21 de xuño de 1931 e finado en Liubliana o 20 de agosto de 2013, foi un pintor, escultor, medallista e deseñador gráfico esloveno, responsable do gravado da primeira serie de euros circulantes no seu país.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Janez Boljka trasladouse coa súa familia desde Subotica a Liubliana ao finalizar a segunda guerra mundial. Alí cursou estudos superiores artísticos e de deseño, na Academia de Belas Artes da Universidade de Liubliana, dos que se graduou en 1956.[1][2]

Despois realizou estudos de posgrao co escultor Karl Putrih e en 1961 co artista gráfico Riku Debenjak. Logo de numerosas viaxes por Europa, Boljka estableceuse novamente en Liubliana e desenvolveu alí o seu traballo. De feito, a maioría das súas obras en espazos públicos está nesta cidade.[1][2]

Escultura, pintura e obra gráfica[editar | editar a fonte]

Como escultor, Boljka fíxose especialmente coñecido polas súas obras realizadas con chatarra de aceiro e armas antigas. Tamén acadaron sona as súas esculturas de animais, como a do búfalo da entrada do zoo de Liubliana. As súas obras posteriores serán en bronce.[1]

Entre as esculturas que se poden atopar en espazos públicos de Liubliana cabe destacar o monumento ás vítimas da Fronte de Liberación Nacional no cemiterio de Žale (1965), o monumento aos voluntarios da primeira guerra mundial na praza Dvorné, o busto de Richard Jakopič fronte á Galería Jakopič e os relevos de Alojz Gradnik, Jožef Petkovšek, Boris Kraigher e Ivan Cankar. Tamén hai varias estatuas decorativas, como o dragón da fonte da rúa Trubarjevu ou o peixe da fonte da rúa Nazorjeva. A súa Piedade de bronce foi presentada pola Arquidiocese de Liubliana ao Papa Xoán Paulo II.[1]

Na súa vellez dedicouse máis á pintura. Unha parte importante da súa obra pictórica exponse na galería do mosteiro de Kostanjevica na Kiri e algunhas pinturas están tamén no castelo Volčji Potok, preto de Kamnik.[1]

Boljka realizou varias exposicións individuais en Eslovenia, Iugoslavia, toda Europa e os Estados Unidos. A súa derradeira exposición en vida tivo lugar en maio e xuño de 2012 na Galería Prešeren de Kranj. A súa obra gráfica expúxose xunto a outros gravados da "Escola de Liubliana" por todo o mundo.[1]

Deseño de moedas[editar | editar a fonte]

Janez Boljka ocupouse do gravado das moedas do sistema do tólar esloveno —a partir dos deseños de Miljenko Licul e Zvone Kosovelj—, cuñadas entre 1992 e 2006, logo da independencia de Eslovenia en 1991. Coa entrada do país na Eurozona e a asunción do euro como moeda de curso legal, Boljka foi tamén o encargado do gravado dos anversos nacionais da primeira serie de moedas do euro de Eslovena, a partir dos deseños de Miljenko Licul e Maja Licul.[3][4][5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 "Janez Boljka". Museums.si
  2. 2,0 2,1 "Poslovil se je kipar in slikar Janez Boljka". En Rtvslo.si. 21 nde agosto de
  3. Moedas do euro gravadas por Janez Boljka. Colnect.com
  4. "Eurocoins". Banka Slovenije.
  5. "Twenty Years of National Currency". Republic of Slovenia (http://www.twenty.si).
  6. "1 Tolar". Numista.com
  7. "2 Tolarja". Numista.com
  8. "5 Tolarjev". Numista.com
  9. 10 Tolarjev". Numista.com
  10. "20 Tolarjev". Numista.com
  11. "Prešernove nagrade". Mk.gov.si

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]