Tólar esloveno
| Tólar esloveno † | |
|---|---|
| Slovenski tolar en esloveno | |
| Código: | SIT |
| Ámbito: | |
| Símbolo: | |
| Fracción: | 100 stotinov |
| Moedas: | 10, 20, 50 stotinov 1, 2, 5, 10, 20, 50 SIT |
| Billetes: | 10, 20, 50, 100, 200, 500, 1.000, 5.000, 10.000 SIT |
| Emisor: | Banka Slovenije |
| Taxa de troco: fixa |
1 EUR = 239,640 SIT |
O tólar foi a denominación da moeda de Eslovenia dende o 8 de outubro de 1991 até o 31 de decembro de 2006. Estaba dividida en 100 stotins. O código ISO 4217 para esta unidade monetaria é SIT. O nome de "tólar" provén de thaler, unha moeda de prata creada en 1518 en Joachimsthal, Bohemia, da cal tamén deriva a palabra dólar. O 28 de xuño de 2004 o tólar ingresou no MCEII, o Mecanismo de taxa de Cambios Europeo
O 16 de xuño de 2006 os xefes de Estado e de Goberno da Unión Europea aprobaron a proposta da Comisión Europea da entrada de Eslovenia no Euro para o 1 de xaneiro de 2007. Así fixaron en 239,640 o cambio irrevogable do Tólar Esloveno. Os eslovenos xa escolleron as caras nacionais, que representarán paisaxes e heroes nacionais. A moeda dun euro, por exemplo, recolle a figura de Primoz Trubar, o autor do primeiro libro impreso en Eslovenia no século XVI.
Índice |
[editar] Etimoloxía
A palabra "tólar" proven da antiga divisa thaler, ao igual que o dólar. Como moitas das linguas eslavas, o esloveno ten un xénero dual gramaticalmente falando, polo que as denominacións de 2 tólar sería tolarja en vez de tolarjev.
[editar] Historia
O tólar introduciuse por primeira vez o 8 de outubro de 1991, substituíndo ao dinar iugoslavo de 1990 cunha taxa de troco de 1:1.
[editar] Monedas
Antes da adopción do euro, circularon as seguintes denominacións:
| Denominación | Emisión | Metal | Diámetro (mm.) |
Peso (gr.) |
Anverso | Reverso | Canto | Imaxe |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 10 Stotinov | 1991-2007 | Al | 16,00 | 0,55 | Liso | Olm PROTEUS ANGUINUS 10 |
10 DESET STOTINOV REPUBLIKA SLOVENIJA ano de acuñación |
|
| 20 Stotinov | 1991-2007 | Al | 18,00 | 0,70 | Liso | Moucho chico ASIO OTUS 20 |
20 DVAJSET STOTINOV REPUBLIKA SLOVENIJA ano de acuñación |
|
| 50 Stotinov | 1991-2007 | Al | 20,00 | 0,85 | Liso | Abella APIS MELLIFERA 50 |
50 PETDESET STOTINOV REPUBLIKA SLOVENIJA ano de acuñación |
|
| 1 Tólar | 1991-2007 | Cu+Ni+Zn | 22,00 | 4,50 | Estriado | Troita SALMO TRUTTA FARIO 1 |
1 EN TOLAR REPUBLIKA SLOVENIJA ano de acuñción |
|
| 2 Tólar | 1991-2007 | Cu+Ni+Zn | 24,00 | 5,40 | Estriado | Andoriña HIRUNDO RUSTICA 2 |
2 DVA TOLARJA REPUBLIKA SLOVENIJA ano de acuñación |
|
| 5 Tólar | 1991-2007 | Cu+Ni+Zn | 26,00 | 6,40 | Estriado | Íbice CAPRA IBEX 5 |
5 PET TOLARJEV REPUBLIKA SLOVENIJA ano de acuñación |
|
| 10 Tólar | 2000-2007 | Cu+Ni | 22,00 | 5,75 | Estriado | Cabalo EQUUS 10 |
10 DESET TOLARJEV REPUBLIKA SLOVENIJA ano de acuñación |
|
| 20 Tólar | 2003-2007 | Cu+Ni | 24,00 | 6,85 | Estriado | Cegoña CICONIA CICONIA 20 |
20 DVAJSET TOLARJEV REPUBLIKA SLOVENIJA ano de acuñación |
|
| 50 Tólar | 2003-2007 | Cu+Ni | 26,00 | 8,00 | Estriado discontinuo |
Boi TAURUS TAURUS 50 |
50 PETDESET TOLARJEV REPUBLIKA SLOVENIJA ano de acuñación |
[editar] Billetes
Os primeiros billetes que se imprimiron o 8 de outubro de 1991 foron emisións provisionais en denominacións de 0'50, 1, 2, 5, 10, 50, 100, 200, 500, 1.000 e 5.000 SIT. Tódolos billetes tiñan no seu deseño unha abella e o peteiro do Triglav. En 1992 o Banco Central de Eslovenia emitiu as series que circularían até a adopción do euro e que son as seguintes:
| Denominación | Efixie | Cor predominante | Dimensións | Imaxe do anverso | Imaxe do reverso |
|---|---|---|---|---|---|
| 10 Tólar | Primož Trubar | Celeste | 60 x 120 mm | ||
| 20 Tólar | Janez Vajkard Valvasor | Amarelo | 63 x 126 mm | ||
| 50 Tólar | Jurij Bartolomej Vega | Azul | 66 x 132 mm | ||
| 100 Tólar | Rihard Jakopič | Marrón | 69 x 138 mm | ||
| 200 Tólar | Jacobus Gallus Carniolus | Verde | 72 x 144 mm | ||
| 500 Tólar | Jože Plečnik | Rosa | 75 x 150 mm | ||
| 1.000 Tólar | France Prešeren | Violeta | 78 x 156 mm | ||
| 5.000 Tólar | Ivana Kobilca | Verde | 78 x 156 mm | ||
| 10.000 Tólar | Ivan Cankar | Violeta | 78 x 156 mm |
[editar] Véxese tamén
[editar] Ligazóns externas
- Inclusión do Tólar no EMRII
- Banco Central de Eslovenia
- Catálogo de Moedas de Eslovenia
- Catálogo de moeda eslovena
- Catálogo de Billetes de Eslovenia