Moedas de euro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Todas as moedas de euro teñen un reverso común, que mostra o valor da moeda; e un anverso, que é distinto en cada estado emisor.

O nome da moeda foi aprobado polo Consello Europeo na súa reunión celebrada en Madrid os días 15 e 16 de decembre de 1995. As moedas e billetes de euro entraron en circulación o 1 de xaneiro de 2002.

Desde o 1 de xaneiro de 2007, Eslovenia pertence á zona euro, abandonando o tólar. A partir do 1 de xaneiro de 2008, incorporáronse Chipre e Malta, acuñando así moedas de euro cos seus propios gravados no lado anverso da moeda. Un ano despois, o 1 de xaneiro de 2009, fixo o mesmo Eslovaquia.

Emisión ordinaria[editar | editar a fonte]

Unión Europea Descrición do sistema monetario do euro
Denominación Diámetro Grosor Peso Composición Borde
1 céntimo / €0.01 16,25 mm 1,67 mm 2,30 g Aceiro recuberto de cobre
(94,35 % Fe, 5,65 % Cu)
Liso
2 céntimos / 0,02 € 18,75 mm 1,67 mm 3,06 g Liso con rego
5 céntimos / 0.05 € 21,25 mm 1,67 mm 3,92 g Liso
10 céntimos / 0,10 € 19,75 mm 1,93 mm 4,10 g Aliaxe de cobre (Ouro nórdico)
(89 % Cu, 5 % Al, 5 % Zn, 1 % Sn)
Festoneado (ondulado)
20 céntimos / 0,20 € 22,25 mm 2,14 mm 5,74 g Liso con 7 amósegas (Flor española)
50 céntimos / 0,50 € 24,25 mm 2,38 mm 7,80 g Festoneado (ondulado)
1 euro / 1 € 23,25 mm 2,33 mm 7,50 g Interior: Cuproníquel
(75 % Cu, 25 % Ni)
Exterior: Níquel-Latón
(75 % Cu, 20 % Zn, 5 % Ni)
Estriado alterno: 3 grupos de estriado fino entre 3 segmentos lisos.
2 euros / 2 € 25,75 mm 2,20 mm 8,50 g Interior: Níquel-Latón
(75 % Cu, 20 % Zn, 5 % Ni)
Exterior: Cuproníquel
(75 % Cu, 25 % Ni)
Gravado e estriado fino con inscrición propia de cada país.

Deseños orixinarios 2002-2006 (lado común)[editar | editar a fonte]

0,01 € 0,02 € 0,05 €
 
0,10 € 0,20 € 0,50 €
 
1 € 2 €  
   

Tras ter gañado un concurso europeo, o deseño das moedas de euro do belga Luc Luycx foi adoptado polo Consello Europeo en Amsterdam o 16 de xuño de 1997.

As moedas presentan á Unión Europea de diferentes formas coas 12 estrelas de fondo. As moedas de 1, 2 e 5 céntimos indican o lugar de Europa no mundo; as moedas de 10, 20 e 50 céntimos presentan á Unión como unha congregación de nacións; e finalmente as moedas de 1 e 2 euros mostran unha Europa sen fronteiras.

O ano mostrado nas moedas data desde 1999, cando o euro foi formalmente establecido, pero só nas moedas de Francia, España, Bélxica, Finlandia e os Países Baixos. Mónaco desde 2001, e os restantes países (Austria, Alemaña, Grecia, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Portugal, San Mariño e a Cidade do Vaticano) desde 2002.

Emisións 2007 á actualidade (lado común)[editar | editar a fonte]

0,01 € 0,02 € 0,05 €
 
0,10 € 0,20 € 0,50 €
 
1 € 2 €  
   

O cambio de formato debeuse a que o anterior mostraba a Europa dos 15 (previa á quinta ampliación do 1 de maio de 2004), e en 2007 a Unión Europea está constituída por 27 países. Deste modo, cambian os deseños das moedas de 10, 20 e 50 céntimos, e as de 1 e 2 euros; mostrando un mapa mudo de Europa.

A partir de 2007, as moedas de euro mostran a Europa sen distinguir fronteiras. Este deseño será obrigatorio nos deseños do anverso da moeda, onde todas as moedas seguen mostrando as 12 estrelas.

Os estados adscritos ao euro deben manter os seus anversos propios durante cinco anos; aínda que hai excepcións, como se cambia o xefe do Estado. Tamén é posible acuñar un número limitado de moedas conmemorativas de 2 euros e de moedas conmemorativas de 12 euros.

Aínda que non son membros da UE, Mónaco, San Mariño e a Cidade do Vaticano teñen os seus deseños propios, aínda que dada a súa escaseza, estas moedas van dirixidas ao coleccionismo numismático.

Emisións conmemorativas[editar | editar a fonte]

Emisións conmemorativas de ouro e prata[editar | editar a fonte]

A acuñación de moedas conmemorativas de ouro e prata é un legado das anteriores prácticas en cada país; e teñen a peculiaridade de que non todas teñen curso legal en toda a eurozona. Así, unha moeda de 10 euros conmemorativos de Finlandia non pode ser usada nos Países Baixos.

De feito, estas moedas non están pensadas para usarse en pagos, aínda que o seu valor intrínseco (o del metal) non excede o seu valor facial, salvo que a prata supere os 30€/onza. A moeda alemá de prata de 10 euros, ou a española de prata de 12 euros, adquírense polo seu valor facial.

Emisións conmemorativas de 2€[editar | editar a fonte]

A Comisión Europea permitiu a acuñación de moedas conmemorativas de 2 euros desde 2004, de curso legal en toda a eurozona. As restriccións son:

  • Unha emisión conmemorativa por ano.
  • Non exceder nin o 0,1 % do número total de moedas de 2€ postas en circulación por todos os países da eurozona e non exceder o 5 % do número total de moedas de 2€ postas en circulación polo país emisor.

Emisións conmemorativas de 12€[editar | editar a fonte]

En España permítese a acuñación de moedas conmemorativas de 12 euros, de curso legal en toda a eurozona, como continuación das moedas conmemorativas de 2.000 pesetas que eran emitidas antes da implantación do euro como moeda única.

Ten as seguintes características:

  • Diámetro: 33 mm.
  • Peso: 18 gramos.
  • Acuñadas en prata de lei de 925 milésimas.

Euros de proba[editar | editar a fonte]

Entidades privadas (como a International Numismatic Agency do Reino Unido ou Europ-Mint en Suíza) realizan moedas de euros de proba para ser vendidos a coleccionistas. Estas moedas non teñen curso legal.

Moedas por valor[editar | editar a fonte]

Moedas por estado[editar | editar a fonte]