Jalisco
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Estado Libre y Soberano de Jalisco | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Jalisco é un dos 31 estados do México. Limita cos estados mexicanos de Nayarit, Zacatecas, Aguascalientes, Guanajuato, San Luis Potosí, Colima e Michoacán. A súa área é de 244,938 km², e a súa poboación é de 3.047.900 habitantes. A capital do estado é a cidade de Guadalaxara, e a súa maior cidade é Guadalaxara, que ten 5 millóns de habitantes. En certas partes da capital o nivel de vida é comparábel ao de países como España e Italia, pero tamén ten desigualdades sociais e pobreza nos barrios periféricos. A súa zona metropolitana esta formada polos municipios de Zapopan, Juanacatlan, El Salto, Tlaquepaque, Tonalá, Tlajomulco de Zúñiga e Ixtlahuacán del Río.
Jalisco é a carta entidade federativa mais poboada de México, e o cuarto estado máis desenvolvido no país en canto a actividades económicas, industriais, comerciais e culturais por debaixo de México Distrito Federal, Novo León e Baixa California.
Índice |
Étimo [editar]
O topónimo Jalisco identifícase co nome náhuatl de Xālīxco (cfr. náhuatl actual Xālli (area), īxtli (cara), e o sufixo de lugar -co). O seu actual nome provén do náhuatl que significa " lugar na cara da area".
Historia [editar]
Os primeiros achados arqueolóxicos en Jalisco teñen unha datación de máis de 20.000 anos, eran pobos que se dedicaban á caza e a recolleita de plantas e froitas silvestres. Arredor do 5.000 a.C. comezan a cultivar as primeiras plantas silvestres.
Cando pobos do norte, seguramente por motivos climáticos, migraron ao centro de México, e deron lugar a sociedades militaristas, ao ter que dominar aos pobos asentados con anterioridade nos territorios nos que se estableceron.
No occidente de México déronse tres vagas migratorias diferentes, a tolteca nos séculos X e XII, a chichimeca, no XII e a mexica no XV. Os nómades nun proceso longo convertéronse en bandas seminómades e posteriormente en comunidades sedentarias como os caxcanes, tecos e tepehuanos (fillos dunha familia chamada uto-aztecana).
Durante a época colonial formou parte da rexón administrativa e política da Nova Galicia. Ao conquistar México a súa independencia deste reino cambiouse seu nome polo do Estado libre e soberano de Jalisco. En 1867 o Presidente Benito Juárez dividiu a separación do Territorio do Nayar, co base no que a insurrección do bandoleiro chamado Manuel Lozada poñía en perigo a existencia do estado e do país. Anos despois este territorio constituíuse como o estado de Nayarit.
Demografía [editar]
A poboación no Estado de Jalisco é de 6.753.113 habitantes, no último censo realizado polo INEGI, en 2005. De os cales na zona Metropolitana de Guadalajara viven 4.000.000 segundo o INEGI de ano 2000.
A taxa de crecemento poboacional xeral para Jalisco foi de 1.8% no período 2000-2005, e estimouse que a poboación economicamente activa é de 1.756.501 persoas. [1]
Notas [editar]
- ↑ Consejo Nacional de Población (CONAPO) 2002.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
| Estados de México | |
|---|---|
| Aguascalientes | Baja California | Baja California Sur | Campeche | Chiapas | Chihuahua | Coahuila | Colima | Durango | Guanajuato | Guerrero | Hidalgo | Iucatán | Jalisco | México | Michoacán | Morelos | Nayarit | Nuevo León | Oaxaca | Puebla | Querétaro | Quintana Roo | San Luis Potosí | Sinaloa | Sonora | Tabasco | Tamaulipas | Tlaxcala | Veracruz | Zacatecas | |
| Distrito Federal | |