Jacob Jordaens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autorretrato con a esposa e súa filla Elisabeth. Museo do Prado.

Jacob Jordaens, nacido en Antuerpen o 19 de maio de 1593 e falecido o 18 de outubro de 1678, foi un pintor flamengo. Foi un dos maiores mestres da pintura anversiense do século XVII, xunto con Rubens e Anthony van Dyck.

Biografía[editar | editar a fonte]

Seu pai era un mercador de teas ou de sargas. A familia Jordaens formaba parte da burguesía acomodada: a casa familiar estaba situada na Hoogstraat (Rúa Alta), unha das rúas máis coñecidas polo comercio de tecidos de Antuerpen, e comunicaba a Grande-Place con o Rivage (as dúas prazas máis importantes da cidade).

Jordaens foi bautizado o 20 de maio de 1593, no outro día de nacer, como o testemuñan os rexistros da igrexa católica de Nosa Señora de Anveres. Fillo maior, os pais tiveron logo outros dez (8 nenas e 2 nenos). A súa infancia apenas nos é coñecida, mais probabelmente recibíu unha educación suficiente como era característico entre a burguesía da súa época.

A partir de 1607, fórmase con Adam van Noort, un pintor flamengo cuxos cadros son de atribución dubidosa. Adam Van Noort era luterano, mais despois do triunfo da Contrarreforma en Anveres, viuse obrigado, como a súa familia, a disimular a súa fe. Jordaens vivíu con a familia Van Noort, composta do matrimonio e seis fillos, até 1618.

O 15 de maio de 1616, Jacob casou con a filla maior do seu mestre, Catharina Van Noort, 4 anos maior que el lui. Fixeron un casamento de rito católico. Do seu matrimonio naceron 3 fillos : Elisabeth (1617), Jacques (1625) e Anne Catherine (1629).

A pesar do seu benestar económico, Jordaens non viaxou nunca a Italia, viaxe que era considerada como necesaria para a educación dun artista que se prezase.

Famoso polo cadro O rei bebe, pintado arredor de 1640, converteuse no primeiro pintor de Anveres, logo da morte de Rubens nese ano.

Tiña colaborado varias veces con Rubens entre 1620 a 1640, por exemplo en obras destinadas á decoración da Torre de la Parada, en Madrid, que encargara o rei das Españas.

En 1671, sete anos antes da súa morte, converteuse ao calvinismo. Jacob Jordaens faleceu o 18 de outubro de 1678, o mesmo día que a súa filla Elisabeth.

Obras principais[editar | editar a fonte]

  • Os catro evanxelistas, (ca. 1625-30), Museo do Louvre, París.
  • Alegoría da Fecundidade, (ca. 1625), Musées Royaux des Beaux-Arts, Bruxelas.
  • A infancia de Xúpiter (ou "Xúpiter neno alimentado pola cabra Amaltea"), (ca. 1630), (Louvre).
  • O repouso de Diana, (1645-55), (Louvre).
  • Grandes cabalos, cartóns, Museo de Viena.
  • Educación de Luis XIII, cartón.
  • Louis XIII da cabalo saltando un obstáculo, cartón e tapiz, Château de Chastellux.
  • Louis XIII da csbalo, cartón e tapiz, Château de Chastellux.
  • Louis XIII no seu cabalo castaño, cartón r tapiz, Château de Chastellux.
  • O triunfo da relixión, igrexa parroquial de Argentré-du-Plessis.
  • O Xuízo final, igrexa parroquial de Notre-Dame de Bougival).
  • San Martiño desconxurando un poseso, igrexa de Brandeville)
  • A Asunción, igrexa de Santo Hipólito, Poligny), copia?.
  • Triunfo de de Frederico-Henrique de Orange-Nassau, (1651-1652), Casa de Orange-Nassau, A Haia.
  • Cabezas de apóstolos, (1610), Douais.
  • A familia do pintor, (1620-1621), Museo do Prado, Madrid.
  • Meleagro e Atalanta, Museo do Prado.
  • Piéta, Museo do Prado.
  • Ofrenda a Ceres, Museo do Prado.
  • Autorretrato con os pais e irmáns, Museo do Ermitaxe, San Petersburgo.
  • Cabeza de anciá, Museo de Belas Artes, Nancy.
  • Retrato dun home, (1624), The National Gallery of Art, Washington.
  • Un monteiro e os seus cans, (1635), Pazo de Belas Artes de Lille.
  • A habilidade do neno prodixio, Pazo de Belas Artes de Lille.
  • Susana e os vellos, Pazo de Belas Artes de Lille.
  • Cristo e os fariseos, (ca. 1660), Pazo de Belas Artes de Lille.
  • O rapto de Europa, (1643), Pazo de Belas Artes de Lille.
  • Tributo de San Pedro, (Copenhague)
  • O sátiro e o campesiño, Budapest, Bruxelas, Múnic, Göteborg, Cassel...

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jacob Jordaens