Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull
| Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull | |
|---|---|
| Título orixinal | Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Steven Spielberg |
| Produtor | Frank Marshall George Lucas Kathleen Kennedy |
| Guión | David Koepp |
| Baseado en | |
| Intérpretes | Harrison Ford Shia LaBeouf Cate Blanchett Karen Allen Ray Winstone John Hurt Jim Broadbent |
| Música | John Williams |
| Fotografía | Janusz Kamiński |
| Montaxe | Michael Kahn |
| Estudio | Lucasfilm Ltd. |
| Distribuidor | Paramount Pictures |
| Ano | 2008 |
| Duración | 122 minutos |
| País | |
| Xénero | Aventuras |
| Orzamento | $185.000.000[1] |
| Filme anterior | Indiana Jones e a última cruzada |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull é un filme estadounidense dirixido por Steven Spielberg que foi estreado no 2008.
Índice |
Argumento [editar]
A última aventura de Indiana Jones (Harrison Ford) comeza no deserto do suroeste de Estados Unidos en 1957, en plena Guerra Fría. Indy e o seu amigo Mac (Ray Winstone) acaban de escapar polos pelos das gadoupas duns axentes soviéticos nun remoto aeroporto. O decano da Universidade (Jim Broadbent) confésalle ó seu amigo o profesor Jones que as últimas misións de Indy fracasaron e que está a piques de ser despedido. Nestas circunstancias, Indiana coñece a un xove rebelde chamado Mutt (Shia LaBeouf) que lle propón un trato: se lle axuda a resolver un problema persoal, el, en troques, podería levalo a facer un dos descubrimentos máis espectaculares da historia: a Caveira de Cristal de Akatur, que se atopa nun lugar remoto de Perú. Pero axiña descobren que non están sós; tamén os axentes soviéticos, dirixidos pola fría e fermosa Irina Spalko (Cate Blanchett), queren apoderarse da Caveira, convencidos de que axudará ó seu país a dominar o mundo.
Personaxes [editar]
- Harrison Ford como Indiana Jones
- Shia LaBeouf como Henry "Mutt Williams" Jones III
- Cate Blanchett como Irina Spalko
- Karen Allen como Marion Ravenwood
- Ray Winstone como George "Mac" McHale
- John Hurt como Harold "Ox" Oxley
- Jim Broadbent como Dean Charles Stanforth
- Igor Jijikine como Coronel Ruso Dovchenko
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 2008: Nomeada ó BAFTA: Mellores efectos especiais.
- 2008: Premio Razzie: Peor precuela, remake, copia ou secuela.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)