Catch Me If You Can
| Catch Me If You Can | |
|---|---|
| Título orixinal | Catch Me If You Can |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Steven Spielberg |
| Produtor | Steven Spielberg Michel Shane Walter F. Parkes Laurie MacDonald |
| Guión | Jeff Nathanson |
| Baseado en | Novela de Frank Abagnale, Jr. |
| Intérpretes | Leonardo DiCaprio Tom Hanks Christopher Walken Amy Adams Martin Sheen Nathalie Baye |
| Música | John Williams |
| Fotografía | Janusz Kamiński |
| Montaxe | Michael Kahn |
| Estudio | Amblin Entertainment Splendid Pictures Kemp Company |
| Distribuidor | DreamWorks |
| Ano | 2002 |
| Duración | 141 minutos |
| País | |
| Xénero | Biográfico, Comedia |
| Orzamento | $52.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Catch Me If You Can é un filme biográfico dirixido por Steven Spielberg que foi estreado no 2002. Está baseado na vida de Frank Abagnale, Jr., quen antes de cumprir 19 anos gañou millóns de dólares con cheques falsos, fíxose pasar por piloto da Pan American World Airways, médico en Georgia doutor, e fiscal en Louisiana. O seu crime principal foi fraude con cheques, e chegou a ser tan hábil que o FBI acudiu a el para pedirlle axuda na captura de outros falsificadores.
Índice |
Argumento [editar]
Frank W. Abagnale (Leonardo DiCaprio) é un xove e escorregadizo delincuente que gaña millóns de dólares cometendo fraude con cheques, e que adopta diversas identidades (médico, avogado ou copiloto de liñas aéreas). Carl Hanratty (Tom Hanks) é un axente do FBI, cuxa única misión consiste en seguirlle a pista e capturalo para levalo ante a xustiza, pero Frank sempre vai un paso por diante del.
Personaxes [editar]
- Leonardo DiCaprio como Frank Abagnale, Jr..
- Tom Hanks como Carl Hanratty.
- Christopher Walken como Frank Abagnale, Sr.
- Nathalie Baye como Paula Abagnale.
- Amy Adams como Brenda Strong.
- Martin Sheen como Roger Strong.
- James Brolin como Jack Barnes.
- Nancy Lenehan como Carol Strong.
Brian Howe, Frank John Hughes e Chris Ellis interpretan ós axentes do FBI. Jennifer Garner fai un cameo, e Ellen Pompeo e Elizabeth Banks teñen papeis menores. O Frank Abagnale real aparece como o policía francés que detén ó personaxe.
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 2002: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor actor secundario (Christopher Walken), bso.
- 2002: Nomeada ó Globo de Ouro: Mellor actor - drama (Leonardo DiCaprio).
- 2002: BAFTA: Mellor actor secundario (Christopher Walken). 4 nomeamentos.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)
- Ficha en Allrovi (en inglés)
- Rotten Tomatoes (en inglés)