Shia LaBeouf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Shia LaBeouf en 2009.

Shia Saide LaBeouf, nado nos Ánxeles o 11 de xuño de 1986, é un actor estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

LaBeouf comezou a actuar ós doce anos, en 1998 apareceu nun episodio de Caroline in the City, fíxose coñecido entre a audiencia máis nova por protagonizar a serie Even Stevens de Disney Channel e tamén apareceu en varias películas para televisión da Disney. En 2003 debutou no cinema con Holes, e nese ano protagonizou The Battle of Shaker Heights e participou en Charlie's Angels: Full Throttle.

A partir de 2005, con The Greatest Game Ever Played e Constantine deixou de facer papeis xuvenís, en 2007 protagonizou Disturbia e Transformers, e ó ano seguinte apareceu en Indiana Jones and the Kingdom of the Crystal Skull como o fillo de Indiana e en Eagle Eye. LaBeouf volveu a intepretar a Sam Witwicky en Transformers: Revenge of the Fallen, e tamén apareceu en New York, I Love You en 2009. En maio de 2009 dirixiu un vídeo musical para o rapeiro Cage, a finais dese ano apareceu en New York, I Love You, e protagonizou xunto a Michael Douglas Wall Street: Money Never Sleeps (2010).