Slipstream

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Slipstream é unha curtametraxe sobre carreiras de bicicletas dirixida por Steven Spielberg e escrita por Spielberg e Roger Ernest. O filme nunca foi rematado. Ernest apareceu posteriormente nos filmes de Spielberg The Sugarland Express e Encontros na terceira fase. Slipstream está protagonizado por Tony Bill, quen xa era un actor estabelecido, e Jim Baxes, que xa aparecera na serie de televisión de 1975 SWAT baixo o nome artístico de James Coleman.[1]

Mentres se preparaba para a rodaxe de Slipstream, o asistente de director de Spielberg, Peter R. J. Deyell, presentouno ao fotógrafo Allen Daviau, que estaba traballando en Studio City Camera, unha instalación de alugueiro de equipos cinematográficos. Spielberg contratou a Daviau to shoot Slipstream, e anos despois Daviau colaboraría de novo con Spielberg en tres filmes: E.T. the Extra-Terrestrial, A cor púrpura e O imperio do sol.

Relativamente inexperto naquela época, Spielberg considerou que Slipstream podería realizarse cun orzamento de 5 000 dólares. Malia que lle doaron equipos, películas e servizos, axiña quedou sen cartos e tivo que rematar coa produción.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Floyd Collins Book Acquired by Producer Peter R.J. Deyell". Steven Spielberg: A Biography by Joseph McBride. Consultado o 26 de novembro de 2011. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]