Os Goonies
| Os Goonies | |
|---|---|
| Título orixinal | The Goonies |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Richard Donner |
| Produtor | Richard Donner David Weaver Harvey Bernhard |
| Guión | Chris Columbus |
| Baseado en | Idea orixinal de Steven Spielberg |
| Intérpretes | Sean Astin Josh Brolin Jeff Cohen Corey Feldman Kerri Green Martha Plimpton Jonathan Ke Quan Anne Ramsey |
| Música | Dave Grusin |
| Fotografía | Nick McLean |
| Montaxe | Michael Kahn Steven Spielberg |
| Estudio | Amblin Entertainment |
| Distribuidor | Warner Bros. |
| Ano | 1985 |
| Duración | 111 minutos |
| País | |
| Xénero | Aventuras, Comedia |
| Orzamento | $19.000.000 |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
Os Goonies (The Goonies en inglés) é un filme de aventuras dirixido en 1985 por Richard Donner. O guión foi escrito por Chris Columbus a partir da historia orixinal do seu produtor executivo Steven Spielberg. O filme trata sobre unha banda de pre-adolescentes que vive no barrio de "Goon Docks" en Astoria, Oregón, que tratan de salvar os seus fogares de seren derrubados. Por casualidade atopan un antigo mapa español que os leva á iniciar a busca do tesouro de Willie o chosco, un lendario pirata do século XVII.
Índice |
Argumento [editar]
Mikey é un rapaz de trece anos que vive en Astoria, Oregón na costa oeste dos Estados Unidos. O seu pai vive preocupado polo embargo do seu fogar para a construción dun campo de golf ó igual que o resto dos fogares do barrio. Mickey, xunto co seu irmán maior e os seus amigos, fanse chamar "Os Goonies", e un día de treboada soben a xogar ó faiado da casa, onde o seu pai garda obxectos antigos. Alí atopan un vello mapa do tesouro de "Willie o Chosco", un pirata que desapareceu xunto coa súa tripulación fai moito tempo. Os Goonies deciden saír na procura dese tesouro porque poderían resolver tódolos problemas económicos das súas familias. Para atopalo deberán sortear as trampas dos piratas e dos Fratelli, unha familia de ladróns que tamén anda tralo tesouro.
Personaxes [editar]
Os Goonies [editar]
- Sean Astin como Michael "Mikey" Walsh
- Corey Feldman como Clark "Mouth" Devereaux
- Jonathan Ke Quan (creditado como Ke Huy Quan) como Richard "Data" Wang
- Jeff Cohen como Lawrence "Chunk" Cohen
- Josh Brolin como Brandon "Brand" Walsh
- Kerri Green como Andrea "Andy" Carmichael
- Martha Plimpton como Stephanie "Stef" Steinbrenner
Outros personaxes [editar]
- Anne Ramsey como Ma Fratelli
- Joe Pantoliano como Francis Fratelli
- Robert Davi como Jake Fratelli
- John Matuszak como Lotney "Sloth" Fratelli
- Mary Ellen Trainor como Harriet Walsh
- Keith Walker como Irving Walsh
- Steve Antin como Troy Perkins
- Lupe Ontiveros como Rosalita
- Richard Donner (cameo)
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)