Twilight Zone: The Movie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Twilight Zone: The Movie
Ficha técnica
Título orixinalTwilight Zone: The Movie
DirectorJohn Landis prólogo, parte 1
Steven Spielberg parte 2
Joe Dante parte 3
George Miller parte 4 e epílogo
ProdutorJohn Landis
Steven Spielberg
Kathleen Kennedy
Jon Davison
Michael Finnell
GuiónRod Serling
John Landis
George Clayton Johnson
Richard Matheson
Melissa Mathison
Jerome Bixby
Richard Matheson
Richard Matheson
Baseado enThe Twilight Zone de Rod Sterling
IntérpretesDan Aykroyd
Albert Brooks
Vic Morrow
Scatman Crothers
Kathleen Quinlan
John Lithgow
Kevin McCarthy
Abbe Lane
Dick Miller
Bill Quinn
William Schallert
Nancy Cartwright
Charles Hallahan
Selma Diamond
Donna Dixon
Priscilla Pointer
Helen Shaw
Christina Nigra
John Dennis Johnson
John Larroquette
Larry Cedar
MúsicaJerry Goldsmith
FotografíaAllen Daviau
John Hora
Stevan Larner
MontaxeMalcolm Campbell
Tina Hirsch
Michael Kahn
Howard E. Smith
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea1983
Duración101 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroSuspense
Orzamento$10 000 000
Recadación$29 450 919
Na rede
IMDB: tt0086491 Filmaffinity: 560158 Allocine: 30798 Rottentomatoes: m/twilight_zone_the_movie Mojo: twilightzone Allmovie: v51331 TCM: 94142 Metacritic: movie/twilight-zone-the-movie TV.com: movies/twilight-zone-the-movie Netlix: 70076246Editar o valor em Wikidata

Twilight Zone: The Movie é un filme de 1983, producido por Steven Spielberg como unha versión para o cinema da serie dos anos 50 e 60 The Twilight Zone, creada por Rod Serling. Está protagonizada por Dan Aykroyd, Albert Brooks, Vic Morrow, Scatman Crothers, e John Lithgow.

Directores e episodios[editar | editar a fonte]

Sinopse[editar | editar a fonte]

[editar | editar a fonte]

O filme comeza cun condutor —Albert Brooks— e o seu pasaxeiro —Dan Aykroyd— conducindo por unha estrada secundaria nun coche dos anos 70's no medio da noite, cantando xuntos a canción The Midnight Special de Creedence Clearwater Revival, e que á súa vez estana escoitando dunha vella cinta de casete, ata que a cinta finalmente estrágase. Entón para non aburrirse, propoñen facer un xogo entre eles, tratar de adiviñar os títulos de programas antigos de TV, simplemente tarareando as súas melodías. Máis tarde a conversación deriva en lembrar os seus episodios favoritos da serie The Twilight Zone e os que maior impresión lles causou. Albert Brooks fala sobre Burgess Meredith no episodio Time Enough at Last da serie. Burgess é o narrador do filme, aínda que non apareza nos créditos. Tamén apareceu noutros capítulos das series clásicas Mr. Dingle, the Strong, The Obsolete Man e Printer's Devil... O pasaxeiro finalmente pregúntalle ó condutor: "¿Queres ver algo realmente terrorífico?". O condutor expectante acepta, entón o amigo xira a súa testa cara a outro lado para agochar a faciana ó condutor e despois dun instante con suspense, volvese xirar, revelando entón o súa verdadeira forma.¡Unha criatura monstruosa!, que ataca ó condutor matándoo.

O personaxe de Aykroyd aparece outra vez ó final da película, facendo a mesma pregunta a outro home (John Lithgow), que ten a mesma situación.

A primeira escena córtase aparecendo o exterior do coche, poñendo o monólogo:

"Esta porta ábrese coa chave da imaxinación. Ó outro lado hai unha nova dimensión, unha dimensión de son, unha dimensión de imaxes, unha dimensión da mente. Están achegándose a un territorio de tebras e substancias, ideas e cousas. Acaban de entrar nos límites da realidade."

Primeiro episodio (Time Out)[editar | editar a fonte]

"Van votedes a coñecer ó señor William Connor, que arrastra canda si un resentimento maior que a débeda nacional. É un home amargado, solitario, canso de agardar as oportunidades que outros conseguen e el, nunca. O señor William Connor, cuxo odio cego vai a catapultalo ó recuncho máis escuro nos límites da realidade."

Este foi o único episodio orixinal, dirixido por John Landis. Está vagamente baseado nos capítulos A Quality of Mercy e Death's Head Revisited da serie orixinal.

Vic Morrow interpreta a un home intolerante e directo, chamado Bill Connor, que vai ó bar despois do traballo a tomar algo cos seus amigos. Está anoxado porque non conseguiu un ascenso polo que levaba traballado moito. No seu lugar, ascenderon un home xudeu, entón comeza a a facer comentarios racistas contra os xudeus, os negros e os orientais. Fala con sorna sobre o xudeu que ascenderon varias veces, comentando o duro que é gañarse a vida por culpa dos xudeus, dos negros e dos asiáticos. Aínda que os seus amigos tratan de calmalo, el é inflexible nos seus comentarios cheos de xenreira. Atrae de xeito involuntario a atención dun fato de homes negros, sentados preto, que demostran con educación o seu rexeitamento ós seus comentarios racistas.

Bill sae do bar, anoxado. Pero cando sae fóra, no canto de atoparse no aparcadoiro, está en Francia de Vichy, durante a segunda guerra mundial. Este é visto como un xudeu por dous policías das SS que estaban vixiando as rúas. Despois dunha persecución por toda a cidade, viaxa no tempo, no cal atópase de novo nun lugar descoñecido, desta volta, nunha zona rural, no sur dos EEUU entre os anos 1950, onde membros do Ku Klux Klan o ven como un Afroamericano, ó cal deciden sacrificar. Asustado e confundido, Bill, dilles que é branco. Mentres trata de fuxir destes, viaxa polo tempo de novo, e aparece na Guerra de Vietnam, aí é un vietnamita, e case é asasinado por unha bomba do exército de E.U.A. Por último, é enviado outra vez a Francia de Vichy. Esta vez é capturado polos SS e enviado a un tren xuntos con moitos xudeus. Berrando, pide axuda inutilmente. O destino do tren é un campo de concentración.

Segundo episodio[editar | editar a fonte]

"Dise ás veces que onde non hai esperanza non hai vida. Un exemplo moi a propósito, os residentes da casa de repouso Sunnyvale, onde a esperanza é só unha lembranza. Pero a esperanza acaba de entrar en Sunnyvale disfrazada de ancián optimista que leva a súa maxia nunha lata."

O segundo episodio está dirixido por Steven Spielberg e é un remake do capítulo da serie Kick the Can.

Scatman Crothers interpreta a un vello home chamado Bloom que acaba de trasladarse a Sunnyvale. Á súa chegada, amablemente senta e escoita as felices historias da xuventude dos outros vellos residentes. Explícalles que a vellez non é razón para non desfrutar a vida, e que sentirse xove e activo é unha cuestión de actitude, non de idade. Pero, un vello rosmón chamado Bill Conroy amósase bastante escéptico na súa perspectiva vital, non está de acordo e rifa con Bloom.

Esa noite, o señor Bloom congrega ós anciáns fora para xogar a kick the canpatea a lata, xogo similar ás agachadas onde dando unha patada a unha lata céibase ós xogadores presos. Os residentes transfórmanse en versións infantís deles mesmos. Aínda que están moi ledos de ser xoves outra vez e de desfrutar das actividades que tanto tempo facía que non realizaban, tamén se decatan de que ser xove non significa beneficiarse só dos bos momentos, senón tamén vivir os malos. Así que pídenlle volver a ser vellos, ó cal o señor Bloom accede. Bill Conroy observa a un residente aínda sendo neno e dille, antes de que saia correndo, que está preparado para ser coma el. Aínda que o neno dille que non pode ser, Conroy decátase de que non debe deixar de desfrutar a vida pola súa idade. O episodio remata con Bloom trasladándose a outra residencia mentres Conroy patea felizmente unha lata no patio do asilo, xa que aprendeu que ser xove de corazón é o que realmente importa.

Terceiro episodio[editar | editar a fonte]

"Retrato duna muller en tránsito. Helen Foley, 27 anos. Ocupación: mestra de escola. Ata hoxe a súa vida transcorreu na máis absoluta monotonía á espera de que algo diferente ocorrese. Helen Foley aínda non o sabe, pero a súa espera acaba de rematar."

O terceiro episodio, un remake do capítulo da serie It's a Good Life, foi dirixido por Joe Dante.

Kathleen Quinlan interpreta o papel dunha afable profesora de escola que vai de camiño do seu novo traballo. Mentres fai unha parada nun bar para tomar algo rápido, ve como un xove é acosado por un grupo de homes bébedos ó apagar accidentalmente o televisor mentres eles o vían. Ó pouco rato, Helen decide irse. Por non prestar atención, golpea co seu coche a bicicleta na que vai montado o rapaz e tírao. Ofrécelle as súas máis sinceras desculpas ofrécese a levalo á súa casa. Chegan alí e resulta ser unha enorme casa de campo. Alí coñece a varias persoas que, segundo o rapaz, Anthony, so a súa familia. O seu tío Walt, interpretado por Kevin McCarthy; a súa irmá Ethel, interpretada por Nancy Cartwright e os seus pais. Helen decátase de que a familia parece bastante rara, aínda que trata de esquecelo.

Despois de levar ó rapaz a casa Helen trata de irse, pero descobre que Anthony non é un cativo normal. Ten uns poderes inexplicábeis que lle permiten facer practicamente calquera cousa que desexe, mesmo facer aparecer personaxes dos debuxos na vida real e facer desaparecer ós humanos. Eles informan a Helen de que non son os seus familiares e que chegaron á casa enganados, xusto igual ca ela. Tamén lle explican que non se poden ir de alí. Tras facer anoxar a Anthony ó dicirlle que estar alí con el era como un pesadelo, fainos desaparecer xunto coa casa, quedando só con Helen nun limbo rodeado do nada. Helen fala con Anthony e faino cavilar do erro do seu comportamento, ofrecéndolle a súa amizade se accede a non abusar máis dos seus poderes. Anthony decide converterse nunha boa persoa e vanse xuntos á nova casa dela montados nun coche moito mellor.

Cuarto episodio[editar | editar a fonte]

"O que están vendo podería ser o final dun arrepiante pesadelo. Non é así, é o comezo. Preséntolles ó señor Valentine, pasaxeiro aéreo. Destino: os límites da realidade."

O cuarto episodio é un remake do capítulo Nightmare at 20,000 Feet da serie, foi dirixido por George Miller.

John Lithgow interpreta o señor John Valentine, un histérico pasaxeiro dunha liña aérea. O señor Valentine sae lentamente do baño despois de que a azafata lle preguntase repetidamente se se atopaba ben. Aínda que non se menciona no episodio, parece coma se o señor Valentine sufrise de ansiedade, claustrofobia e acrofobia. Varias veces as azafatas tentan restarlle preocupación asegurándolle que todo vai a ir ben e dicíndolle que non hai de que preocuparse. O seu comportamento atrae a atención doutros pasaxeiros, que comezan a manifestar o seu nerviosismo. Cando o señor Valentine ve dende a súa fiestra un espantoso diaño na á do avión, entra nunha espiral de pánico. Ve como esa pequena e malvada criatura, arranca cables e parafusos do motor do avión. Desafortunadamente ninguén da crédito a John Valentine. Ó ver como segue danando o avión arrebátalle a arma a un policía e rompe un cristal despresurizando a cabina e comeza a disparar á criatura. Esta agárralle a cara por un segundo, fai un xesto de negación cun dedo e marcha voando. O avión efectúa unha aterraxe de emerxencia. A policía, a tripulación e os pasaxeiros tómano por outro caso de tolemia provocada pola claustrofobia. Lévano nunha ambulancia ó psiquiátrico, inmobilizado mediante unha camisa de forza. Os técnicos descobren entón os danos que sufriu o motor do avión.

[editar | editar a fonte]

Dirixido por George Miller. O final do cuarto episodio conecta co personaxe do prólogo. O personaxe interpretado por John Lithgow, é conducido ó psiquiátrico nunha ambulancia. O condutor apaga a sirena e fai soar a canción Midnight Special de Creedence Clearwater Revival. Xírase e resulta ser o pasaxeiro do prólogo interpretado por Dan Aykroyd, que lle di:

- Así que pasou medo alá arriba, ¿eh?

- Oh, si -resposta Valentine

- ¿Quere ver algo realmente terrorífico?

Soa a sintonía da serie. O filme remata entón cun plano da noite estrelada mentres se escoita o monólogo inicial de Rod Serling da primeira tempada da serie.

"Hai unha quinta dimensión, máis aló do que o home coñece. Ábrese a medio camiño entre a luz e as tebras, entre a ciencia e a superstición, entre o abismo dos terrores do home e o cumio do seu coñecemento. É a dimensión da imaxinación. Unha zona ns límites da realidade."

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]