A.I. Artificial Intelligence
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| A.I. Artificial Intelligence | |
|---|---|
| Título orixinal | A.I. Artificial Intelligence |
| [[Ficheiro:|200px| ]] |
|
| Ficha técnica | |
| Director | Steven Spielberg |
| Produtor | Steven Spielberg Stanley Kubrick Jan Harlan Kathleen Kennedy Walter F. Parkes Bonnie Curtis |
| Guión | Steven Spielberg Ian Watson |
| Baseado en | Super-Toys Last All Summer Long de Brian Aldiss |
| Intérpretes | Haley Joel Osment Frances O'Connor Jude Law Sam Robards Jake Thomas William Hurt |
| Música | John Williams |
| Fotografía | Janusz Kamiński |
| Montaxe | Michael Kahn |
| Estudio | DreamWorks Amblin Entertainment The Kennedy/Marshall Company Stanley Kubrick Productions |
| Distribuidor | Warner Bros. Pictures |
| Ano | 2001 |
| Duración | 146 minutos |
| País | |
| Xénero | Ficción científica |
| Orzamento | $100.000.000[1] |
| Filme anterior | |
| Filme seguinte | |
| Ficha en IMDb | |
A.I. Artificial Intelligence é un filme estadounidense dirixido, producido e guionizado por Steven Spielberg. Está baseado na historia Super-Toys Last All Summer Long de Brian Aldiss.
Índice |
Argumento [editar]
Nun mundo futurista, os seres humanos conviven con sofisticados robots denominados Mecas. A emoción é a derradeira fronteira entre homes e máquinas. Pero, cando un neno-robot chamado David é programa para amar, os homes non están preparados para as consecuencias que isto supón. David atópase só nun estraño e perigoso mundo, buscando que o amor que lle profesa á súa nai adoptiva sexa correspondido.
Personaxes [editar]
- Haley Joel Osment como David, un innovador Androide creado por Cybertronics e programado coa habilidade de amar.
- Frances O'Connor como Monica Swinton, nai adoptiva de David.
- Jude Law como Gigolo Joe, un androide prostituto programado para amar, como David, pero dun xeito diferente.
- Sam Robards como Henry Swinton, un empregado de Cybertronics e marido de Monica.
- Jake Thomas como Martin Swinton, o fillo real de Henry e Monica.
- William Hurt como Profesor Allen Hobby, o responsable do deseño e a creación de David.
- Brendan Gleeson como Lord Johnson-Johnson, o propietario e mestre de cerimonias do Flesh Fair.
- Voces
- Jack Angel como Teddy, o oso de peluche robótico de David.
- Ben Kingsley como narrador e o líder dos androides do futuro.
- Robin Williams como Dr. Know, unha máquina holográfica de respostas. (Cameo)
- Meryl Streep como Fada azul. (Cameo)
- Chris Rock como o androide asasinado no Flesh Fair. (Cameo)
Galardóns e nomeamentos [editar]
- 2001: 2 nomeamentos ó Oscar: Mellor banda sonora orixinal e efectos visuais.
- 2001: 3 nomeamentos ó Globo de Ouro: Mellor director, bso e actor secundario (Jude Law).
- 2001: Nomeado ó BAFTA: Mellores efectos visuais.
- 2001: Festival de Venecia: Premio Future Film Festival Digital (fóra de concurso).
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en Filmaffinity (en castelán)