Âryabhata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aryabhata»)
Infotaula de personaÂryabhata

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(sa) आर्यभट Editar o valor em Wikidata
476 Editar o valor em Wikidata
Pataliputra (Imperio Gupta) Editar o valor em Wikidata
Morte550 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
Pataliputra (Imperio Gupta) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
RelixiónHinduísmo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía e matemáticas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónastrónomo , matemático , astrólogo Editar o valor em Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables

Aryabhata ou Âryabhata (आर्यभट en sánscrito, Āryabhaṭa no sistema AITS[1]) foi un matemático e astrónomo da era clásica India.

Non existe documentación para determinar exactamente a súa data de nacemento. Parece que naceu contra 476 en Ashmaka. Hai evidencias que suxiren unha viaxe a Kusumapura para realizar estudos superiores. Nesta cidade, na que viviu a maior parte da súa vida é a que o seu comentarista Bhaskara I (no ano 629 d.C.) identifica como Pataliputra (actual Patna), na que morre en 550.

Aryabhata foi sen dúbida o máis grande matemático indio. Foi coñecido polos árabes co nome de Aryabha e, na Europa medieval, co de Ardubarius

O primeiro satélite artificial indio e un cráter da Lúa levan o seu nome.

Obra[editar | editar a fonte]

O libro principal de Aryabhata é Āryabhaṭīya. Outro dos seus libros, o Ārya-Siddhānta ("Siddhānta" era o nome xenérico que se daba ás obras astronómicas da India clásica), non se coñece máis que por traducións e comentarios.

O 'Āryabhaṭīya divídese en catro partes:

  1. as constantes astronómicas e a táboa dos senos
  2. as matemáticas necesarias para os cálculos
  3. a división do tempo e as regras para calcular as lonxitudes dos planetas utilizando as excéntricas e os epiciclos
  4. a esfera armilar, as regras concernentes aos problemas de trigonometría e o cálculo das eclipses.

Nel presenta as súas teorías astronómicas e matemáticas nas cales a Terra se considera como xirando ao redor do seu eixe e as distancias dos planetas exprésanse en relación á distancia Terra/Sol, nun sistema heliocéntrico. Aryabhata pensa que os planetas xiran ao redor do Sol seguindo órbitas elípticas. Afirma que a luz emitida pola Lúa e os planetas é a do Sol refectida por estes astros. Así mesmo, explica correctamente as eclipses de Sol e de Lúa, cando a crenza india da época pensaba que estes fenómenos eran causados por un demo, Rahu. No mesmo libro, o día considérase desde unha saída do Sol á seguinte, mentres que no seu Ārya-Siddhānta, cóntao desde unha media noite á seguinte. Dá unha duración de 365 días 6 horas 12 minutos e 30 segundos para o ano, un valor lixeiramente maior que o considerado hoxe como correcto (a diferenza é de tan só algúns minutos).

Aryabhata escribe que 1 582 237 500 rotacións da Terra equivalen a 57 753 336 órbitas lunares.

Trátase dunha estimación moi precisa dunha relación astronómica fundamental () que é quizais a constante astronómica máis antiga calculada con tal exactitude.

Aryabhata dá igualmente unha aproximación precisa de π. No Āryabhaṭīya, escribe:

"Engada catro a cen, multiplique seguidamente o resultado por oito, e despois engada sesenta e dous mil. O resultado é entón aproximadamente a circunferencia dun círculo de diámetro de vinte mil. Por esta regra, a relación da circunferencia co diámetro queda dada.

Noutras palabras, . Como trátase dun resultado notábel, con exactitude de case .

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Alfabeto Internacional de Transliteración Sánscrita ou AITS (do inglés International Alphabet of Sanskrit Transliteration, IAST), sistema de transliteración que permite a romanización de escrituras índicas sen perda de información.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cooke, Roger (1997): The History of Mathematics: A Brief Course. Wiley-Interscience. ISBN 0-471-18082-3.
  • Plofker, Kim (2009): Mathematics in India. Princeton, NJ: Princeton University Press. ISBN 0-691-12067-6.
  • Thurston, Hugh (1996): Early Astronomy. Nova York: Springer-Verlag. ISBN 0-387-94822-8

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]