Igrexa (comunidade)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha Igrexa é un determinado «conxunto de fieis que segue algunha das doutrinas cristiás»[1]. Aplícase o termo en plural (as igrexas), especialmente no ámbito ecuménico, ás diversas formas institucionais do cristianismo. En galego, o termo "Igrexa" refírese polo xeral á Igrexa Católica, por ser a de maior presenza e importancia históricas en Galicia.

Conceptos similares[editar | editar a fonte]

Os diferentes grupos cristiáns sosteñen diferentes doutrinas sobre o que é a "verdadeira e única Igrexa" estabelecida por Xesús Cristo. Tanto a Igrexa Católica como a Igrexa Ortodoxa ou as igrexas ortodoxas orientais considéranse a elas mesmas como dita "verdadeira e única Igrexa" ("a" Igrexa).

Outros grupos protestantes consideran que dita igrexa, única e verdadeira, é o conxunto de todos os cristiáns, a "igrexa cristiá", e que todos os grupos cristiáns son igrexas lexítimas que forman parte da primeira, malia as súas diferenzas: isto é o coñecido como "denominacionalismo"

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para igrexa.