Deus Pai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deus Pai por Cima da Conegliano, c. 1515

Deus Pai é un título dado a Deus en moitas relixións monoteístas, especialmente nas abrahámicas. No xudaísmo Deus é chamado Pai por ser o creador, o dador da vida e da lei, e protector.[1] No cristianismo, Deus tamén é chamado "Pai" polas relacións paternofiliais reveladas por Xesús Cristo e polas razóns mencionadas anteriormente.[2]

Polo xeral, o nome Pai representa o papel de Deus como dador de vida, autoridade, protector poderoso e, a miúdo, percebido como omnipotente, omnisciente e omnipresente, cun poder infinito e cunha caridade máis aló do entendemento humano.[3] Por exemplo, logo de rematar o grande traballo da Summa Theologica, Tomé de Aquino concluía que non comezara a comprender aínda a Deus Pai.[4]

O xénero de Deus[editar | editar a fonte]

Imaxe de Deus Pai por Julius Schnorr, 1860.

Na maioría das tradicións e escritos das grandes relixións monoteístas, atribúense características masculinas a Deus. Na Biblia fálase directamente de Deus como termo masculino "Pai", tanto no Antigo como no Novo Testamento.

A miúdo defínese a Deus como un ser puramente espiritual e, xa que logo, sen sexo. Por exemplo, o Catecismo da Igrexa Católica no seu punto 239 declara que "Convén lembrar, entón, que Deus transcende a distinción humana dos sexos. Non é home nin muller, é Deus" [5].

Tamén na Biblia pódense atopar imaxes femininas referentes a Deus. Aínda que nunca se chama a Deus "Nai", ás veces compáraselle cunha nai. Unha muller dando a luz (Is 42,14), unha nai que non esquece aos seus fillos (Is 49,15), que os conforta (Is 66,12-13), unha nai que protexe a Israel (Is 46,3-4), etc.

O concepto islámico de Deus distánciase das concepcións xudeas e cristiás, e o termo "pai" non é aplicado polos musulmáns a Deus.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BLIDSTEIN, Gerald J. (2006). Honor thy father and mother: filial responsibility in Jewish law and ethics. ISBN 0881258628.
  2. WEINANDY, Thomas. Jesus the Christ. ISBN 1931709688.
  3. KIMBROUGH, Lawrence (2006). Contemplating God the Father. ISBN 0805440836.
  4. The Kingdom of Our Father. 2001. ISBN 1891903187.
  5. Convém, então, lembrar que Deus transcende a distinção humana dos sexos. Não é homem nem mulher: é Deus. (Catecismo da Igrexa Católica)