Uharte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Huarte - Uharte")

Uharte (en castelán e tamén oficial: Huarte) é un concello da Comunidade foral de Navarra, en España. Aínda que está situada na Cuenca de Pamplona pertence ó meiriñado de Sangüesa e o partido xudicial de Aoiz. Ten a categoría de vila e está situada a 5,6 km de Pamplona. A súa poboación en 2007 é de 5.157 habitantes INE.

Topónimo[editar | editar a fonte]

O topónimo Huarte provén probablemente da expresión en lingua vasca ur arte (entre augas). En éuscaro moderno existe a palabra uharte ou ugarte con esa mesma orixe etimolóxica. O seu significado máis habitual é o de illa, pero tamén pode significar entre augas, entrambasaguas, lugar situado entre dous ríos confluentes.

A localización da vila casa bastante ben con esta última definición. O municipio está regado polo río Arga, que entra na Cuenca de Pamplona por un paso moi próximo a Huarte. O río traza unha curva que rodea o pobo por este, sur e oeste. Ademais pouco logo de pasar por Huarte, o Arga únese ao Ulzama pechando o paso ao pobo completamente polo oeste. Pódese dicir que o pobo está literalmente rodeado de augas, excepto polo norte, onde se atopa outra barreira, a do cerro Miravalles; e ademais Huarte está entre dúas diferentes confluencias de ríos.

O nome do pobo escribiuse baixo diversas variantes ao longo da historia: Huarte, Huart, Hugarte, Huuart e Uugarte. En ocasións veu acompañado de expresións como cabo Pamplona, depres Vilaua ou apres Bilaua, facendo referencia á súa proximidade a Pamplona ou Villava, que servía para distinguir esta Huarte das outras existentes en Navarra. (ver pobos homónimos)

No século XIX pode dicirse que se estandarizou a forma Huarte, que chega ata os nosos días como nome formal da localidade en castelán. En 1995 adóptase a actual denominación oficial do municipio que é Huarte/Uharte, ao cooficializarse o nome en lingua vasca da vila.

Uharte, o nome en lingua vasca da localidade, é unha adaptación do topónimo ás normas ortográficas modernas do éuscaro. Escríbese igual que a palabra uharte (illa).

Xeografía[editar | editar a fonte]

O termo municipal de Huarte esténdese na llanada de Pamplona, polo que o terreo é lixeiramente ondulado, excepto na zona norte onde se levanta o cerro Miravalles. O río Arga que cruza o termo fertiliza as poucas terras de regadío existentes.

Localidades limítrofes[editar | editar a fonte]

Huarte limita ao norte con Esteríbar e Ezcabarte, ao leste e ao sur con Egüés, e ao oeste con Villava e Burlada.

Accesos[editar | editar a fonte]

Situado na confluencia da Rolda Este da Circunvalación de Pamplona e da comarcal NA-150 Pamplona-Aoiz-Lumbier.

Historia[editar | editar a fonte]

O ano 1223, o bispo de Pamplona Don Remiro, entregou o pobo e o castelo ao rei Sancho o forte, «polos muitos bens et por muitas mercés que ficiestes et que temos que faredes á igrexa de Pamplona». Carlos III o Nobre, en 1423, liberou a Huarte do pago de axudas e cuarteis, ata para o casamento de infantes ou infantas, por haberlle cedido un muíño chamado Valuerrota, que anteriormente pertencera ao bispo de Pamplona. Un documento datado en 1462 e con motivo da guerra civil, fálanos da fidelidade ao Príncipe de Viana dos habitantes do Palacio de Ezpeleta, do que aínda quedan algunhas ruínas no topónimo do mesmo nome. En 1513, tras a incorporación de Navarra a Castela, Fernando o Católico manda apagar un muíño incendiado na veiga de Huarte por mor da guerra, o que nos leva a pensar que esta trouxo acontecementos violentos a Huarte. En 1512 áchanse en Huarte o Mariscal de Navarra e Juan de Jaso (primo de San Francisco Javier), agramonteses ambos, o que nos leva a aventurar o carácter agramontés do pobo de Huarte xa que noutro caso non se explicaría a súa presenza na Vila. Con ocasión de contribuír con 16.000 reais ao erario público, en 1665, foi declarada boa vila e con dereito a ter asento nas Cortes do Reino, o que provoca a protesta das antigas Boas Vilas de Navarra. Os de Huarte declaran ser xa de antigo Vila e que xa se celebraron Cortes en Huarte no ano 1090. O século XVIII trae a Huarte a guerra. Así, en 1706 máis de 1.500 homes toman aloxamento, tallan árbores, siegan as colleitas e destrúen as facendas, coa consecuente protesta do pobo ao vicerrei. En 1710 elíxese Huarte como praza de armas para concentrar aos homes de Egüés, Villava e outros lugares. En 1793, con motivo da Guerra da Convención, oitenta huartearras diríxense a defender a fronteira obedecendo a orde da Deputación. Con todo, non poderán evitar que as tropas francesas cheguen ata a mesma Vila, destruíndo a ermida de San Miguel. A proximidade a Pamplona foi cambiando aos poucos a súa fisionomía agrícola ao asentarse varias industrias. Moitas das familias que viven en Huarte traballan en Pamplona, aumentando a vinculación entre ambas. O crecemento de poboación foi moi grande, e os 500 habitantes de 1818 convertéronse en 5.119 en 2007.

Monumentos[editar | editar a fonte]

  • Igrexa de Santo Estevo
  • Igrexa de San Xoán Evanxelista: É a igrexa parroquial da vila, a súa construción data do século XII, no seu interior posúe un fermoso retablo construído un século antes e unha preciosa imaxe gótica da virxe.

Política[editar | editar a fonte]

Lista de alcaldes
2007-2011 Francisco Javier Basterra Basterra Na-Bai
2004-2007 Amparo Miqueleiz Arrarás Grupo Independente Huarte
2003-2004 José Irigüibel López Grupo Independente Huarte
1999-2003 José Irigüibel López AE
1995-1999 José Irigüibel López AE

Demografía[editar | editar a fonte]

Número de habitantes nos últimos dez anos.

Evolución demográfica
1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007
2.750 2.793 2.809 2.862 2.952 3.169 3.340 3.623 4.247 4.671 5.157

Festas[editar | editar a fonte]

  • Festas patronais: O terceiro luns de setembro en honra á Virxe Branca
  • Festas da irmandade: O sábado anterior ao terceiro luns de setembro, teñen lugar as Festas da Irmandade.
  • San Juan evanxelista: O día 27 de decembro é o Patrón da Vila (San Juan Evanxelista)
  • Uharteko eguna: O último domingo de Xuño celébrase o Uharteko Eguna - Euskararen Eguna.

Personaxes ilustres[editar | editar a fonte]

Irmandamentos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]