Orotz-Betelu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaOrotz-Betelu
Imaxe

Localización
Mapa
 42°54′23″N 1°18′06″O / 42.90639052, -1.30169486Coordenadas: 42°54′23″N 1°18′06″O / 42.90639052, -1.30169486
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra Editar o valor em Wikidata
CapitalOroz-Betelu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Olaldea (en) Traducir
Oroz-Betelu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación145 (2023) Editar o valor em Wikidata (6,18 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie23,46 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude599 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Arce
Garralda (pt) Traducir
Garayoa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor em WikidataMiren Ainhoa Mendia Orradre (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31439 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE31199 Editar o valor em Wikidata

Orotz-Betelu (en castelán e tamén oficial: Oroz-Betelu) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na comarca de Auñamendi e a 45 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 165 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 23,46 km² e a súa densidade de poboación é de 7,03 hab./km².

Símbolos[editar | editar a fonte]

O escudo de armas do lugar de Orotz-Betelu ten o seguinte brasón:

Trae de goles e dúas palmas de ouro cruzadas en sotuer.

As palmas simbolizan a fidelidade no cumprimento do deber e proceden da parroquia de San Adrián onde figuraba gravado no seu retablo. Foi adoptado no ano 1845 ó separarse val de Arce e até esa data empregou o escudo dese val.[1]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

A localidade de Orotz-Betelu está situada na parte norte de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra, a comarca xeográfica de Auñamendi; e a unha altitude de 599 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 23,46 km² e limita polo norte co concello de Garralda, polo leste co de Garaioa; e polo sur e oeste co de Arce.[2]

Relevo e hidrografía[editar | editar a fonte]

A localidade atópase entre montañas, destacando a carballeira existente xa que é unha das fragas de maior interese en Europa e o máis importante de toda a Península Ibérica na súa especie. A árbore que predomina é o carballo, aínda que se trata dun bosque mixto no que se pode atopar tamén outras especies como faias, bidueiros, castañeiros, cereixeiros silvestres e un abondoso baixobosque de buxo común.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. OTAZU RIPA, Jesús Lorenzo (1999). Navarra - Temas de Cultura Popular n.º 289, Heráldica Municipal de la Merindad de Sangüesa II. Goberno de Navarra. ISBN 84-235-0076-4. 
  2. Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Navarra (ed.). "Artículo de Oroz-Betelu". Gran Enciclopedia Navarra. Consultado o 31 de xaneiro de 2012. 
  3. Concello de Orotz-Betelu: A Carballeira de Betelu.