Euskal Herria Bildu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Euskal Herria Bildu
Euskal Herria Bildu.PNG
Partido político
Líder Laura Mintegi
Fundación 2012
Ideoloxía Esquerda abertzale, independentismo vasco, soberanismo, independentismo
Páxina web www.ehbildu.net

Euskal Herria Bildu é unha coalición política vasca de esquerdas liderada por Laura Mintegi e creada no 2012. Está ideoloxicamente adscrita á esquerda abertzale e ten aspiracións soberanistas e independentistas. A plataforma está constituída por Eusko Alkartasuna, Aralar, Sortu e Alternatiba.

A coalición presentouse ás eleccións ó Parlamento Vasco do 21 de outubro de 2012, acadando 21 escanos dos 75 totais e converténdose así na segunda forza política do país tralos 27 logrados por PNV.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Euskal Herria Bildu Modificar a ligazón no Wikidata