Itzaltzu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaItzaltzu
Imaxe

Localización
Mapa
 42°54′49″N 1°03′24″O / 42.9135242, -1.056724Coordenadas: 42°54′49″N 1°03′24″O / 42.9135242, -1.056724
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra Editar o valor em Wikidata
CapitalIzalzu–Itzaltzu (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación38 (2023) Editar o valor em Wikidata (5,21 hab./km²)
Lingua oficiallingua éuscara (zona lingüística)
lingua castelá (zona lingüística) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie7,3 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude803 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataLorenzo Goyeneche Sola (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31689 Editar o valor em Wikidata
Código INE31133 Editar o valor em Wikidata

Itzaltzu (en castelán e tamén oficial: Izalzu) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, no val de Salazar e a 88 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 52 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 7,3 km² e a súa densidade de poboación é de 7,12 hab./km².

Topónimo[editar | editar a fonte]

Izaltzu é un topónimo de orixe éuscaro. O nome antigo de Izaltzu era Yçiçuloa (s.XI) ou Içeyçuloa (s.XII), cando unicamente había un mosteiro no sitio. Este topónimo antigo significa en éuscaro o fondal de abetos, de izei (abeto) e zuloa (burato, fondal). Con posterioridade medrou a vila arredor do mosteiro e o lugar pasou a ser coñecido como Izaltzu. Algúns apuntan a posibilidade de que o nome Izalzu derive de Izizulo, mais os filólogos consideran que son dous topónimos diferentes. Segundo Mikel Belasko, Izalzu significa lugar de sombras, lugar sombrío e provería de itzal (sombra) e o sufixo abundancial -(t)zu.[1] En éuscaro, o nome da vila transcríbese como Itzaltzu. Dende 2000, son cooficiais o nome castelán e o éuscaro.

Símbolos[editar | editar a fonte]

Escudo[editar | editar a fonte]

O escudo de armas da vila de Izaltzu ten o seguinte brasón:

Trae de goles e un lobo de sable coas unllas douradas, que ten atravesado na boca un año de prata cos cornos dourados.

Este escudo é o brasón privativo do val de Salazar e ó mesmo tempo de cada unha das súas vilas. Simboliza a natureza gandeira do val e a necesidade de defender os animais dos ataques dos lobos. [2]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Situación[editar | editar a fonte]

A localidade de Izaltzu atópase na parte Nordeste de Navarra e norte do Val de Salazar a unha altitude de 803 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 7,3 km² e limita polo norte con terreo comunal do Val de Salazar, polo leste e sur coa facería de Izaltzu-Otsagabia e polo oeste co concello de Otsagabia.[3]

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1996 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007
49 50 51 48 47 47 45 47 46 47 48
Fonts: Itzaltzu e Instituto de Estatística de Navarra

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Blog de Toponimia de Mikel Belasko Publicado en Diccionario etimológico de los nombres de los pueblos, villas y ciudades de Navarra. Apellidos navarros. Editorial Pamiela, Pamplona, 1996. 2ª ed, 1999.
  2. OTAZU RIPA, Jesús Lorenzo (1999). Navarra - Temas de Cultura Popular n.º 288, Heráldica Municipal de la Merindad de Sangüesa I. Goberno de Navarra. p. 31. ISBN 84-235-0076-4. 
  3. Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Navarra (ed.). "Artículo de Izalzu". Gran Enciclopedia Navarra. Consultado o 21 de novembro de 2011. [Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]