Valtierra
Valtierra é unha vila e municipio da Comunidade Foral de Navarra, España, situada no meiriñado de Tudela, entre os desérticos paisaxes das Bardenas Reales e o val do Ebro.
Ten unha poboación de 2.542 habitantes (INE 2008) cunha extensión de 49,9 km².
Valtierra foi historicamente unha vila dedicada plenamente aos labores agrícolas e durante séculos ao redor delas desenvolveuse a vida no municipio.
Historicamente tivo unha gran importancia o sector primario cuxos cultivos principais son o millo, as verduras; brócoli, coliflor, tomate, pemento, berenxena, o cereal, os chopos, a gandería sempre complementou á agricultura: ovino, bovino, porcino. No 2007 tamén ten gran importancia o sector secundario e o sector terciario.
Índice |
Xeografía [editar]
Localidades limítrofes [editar]
Historia [editar]
Tivo unha importante presenza árabe e foi parte do imperio de Muza Ben Muza, máis tarde forma parte da Taifa de Zaragoza e máis adiante da de Tudela-Lleida. Terminou de ser conquistada polos cristiáns de Afonso o Batallador rei de Navarra e Aragón no ano 1110 outorgando á vila o Foro de Sobrarbe e o título de Moi nobre e Moi leal, cando Navarra e Aragón separáronse esta como consecuencia da morte de Afonso I en 1134, a nobreza decidiu formar parte de Navarra e Tudela non se uniu a Aragón, formando parte de Navarra.
Patrimonio artístico [editar]
- Igrexa de Santa María. Templo parroquial do século XVI que atesoura un grandioso Retablo Maior renacentista, con talla dourada e policromada.
- Palacio dos Gómara. Edificio civil de estilo barroco, con fachada de ladrillo do século XVIII
Zonas de interese próximas [editar]
- Bardenas Reales
- Parque natural "Senda Viva"
Demografía [editar]
| 1897 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2006 | 2008 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1.705 | 1.780 | 1.889 | 2.228 | 2.633 | 2.913 | 3.149 | 3.165 | 2.772 | 2.497 | 2.508 | 2.410 | 2.500 | 2.542 |
Personaxes ilustres [editar]
- Isidro de Atondo y Antillón (1639-?). Militar.
- Andrés Larraga Montaner (1861-1931). Pintor.
- Agustín Pérez Soriano (1846-1907). Compositor.
Ligazóns externas [editar]
- Concello de Valtierra - Páxina web municipal.
- Municipios/entidade.htm?IdEnt=615 Datos de Valtierra - Goberno de Navarra - Información e datos de entidades locais de Navarra.