Hermann de Reichenau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hermann de Reichenau, á dereita, cun astrolabio

Hermann de Reichenau (tamén chamado Hermannus contractus ou Hermannus Augiensis), nado en Altshausen, na actual Alemaña, o 18 de xullo de 1013 e finado na abadía bieita de Reichenau o 24 de setembro de 1054, foi un estudoso do século XI, compositor e teórico musical, matemático e astrónomo. Hermannus foi fillo do duque de Altshausen. Perxudicado por unha enfermidade que o deixou paralítico desde a infancia, pasou a maior parte da súa vida na abadía de Reichenau, unha illa no lago Constanza. Hermannus contribuíu ás catro artes do quadrivium. Era coñecido como compositor musical, mais tamén escribiu un tratado sobre a ciencia da música, varias obras sobre xeometría e aritmética e tratados astronómicos (incluíndo instrucións para a construción dun astrolabio).

Como historiador, escribiu unha crónica detallada dende o nacemento de Cristo ata o seu tempo, compilando por primeira vez os acontecementos do primeiro milenio despois de Cristo espallados en varias crónicas nun único traballo, ordenándoas despois do cómputo da era cristiá. O seu discípulo, Berthold, foi o seu continuador.

Foi beatificado en 1863.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]