Alfonso Pexegueiro
Alfonso Pexegueiro, nado en Angoares, Ponteareas, o 19 de abril de 1948, é un escritor galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Iniciou a súa actividade literaria en Galicia no ano 1975 en colaboración co Grupo de Comunicación Poética Rompente. Entre 1976 e 1978 traballou na redación da revista infantil e xuvenil Vagalume. Fundou en 1980 xunto con outros escritores a Asociación de Escritores en Lingua Galega da que foi secretario ata xuño de 1985. Como secretario da AELG coordinou a revista Escrita e impulsou o I Congreso de Escritores en Lingua Galega, así como o Galeusca, encontros de escritores vascos, cataláns e galegos. Deu numerosos recitais de poesía. Colaborou en prensa con artigos de opinión, e sobre arte e literatura. Desde 1985 ata 2000 residiu en Barcelona. Actualmente reside en Galicia.
Obra en galego [editar]
Poesía [editar]
- Seraogna (Rompente, 1976), (2ª edición: Xerais, 1997).
- Mar e naufraxio (Cíes, 1978).
- Círculos de auga (Akal, 1979).
- O pabellón das hortensias azuis, (Edición de autor, 1983).
- A illa das mulleres loucas (Llibres del Mall, edición bilingüe catalán-galego, 1984; castelán-galego, 1986), (Galaxia, 2004. Con CD música de Anxo Pintos (zanfona) e Quico Comesaña (arpa)).
- ¿Serán os cisnes que volven? (Xerais, 1995).
- Hipatia (Xerais, 1998).
- Blasfemias de silencio (inclúe: Círculos de auga, 1979; Mar e naufraxio, 1978; O pabellón das hortensias azuis, 1983; ¿Serán os cisnes que volven?, 1995; O reiseñor dos Balcáns, 1999) (Xerais, 2000).
- O lago das garzas azuis (Conto de Europa, Nenos de África), con debuxos de Xosé Freixanes (Xerais, 2005).
Narrativa [editar]
- Relatos para salferir (Xerais, 1981), co título El Desert de Nabalpam (Llibres del Mall, 1985), e co título O deserto de Nabalpam (Espiral Maior, 2003).
- O lago das garzas azuis (Lumen, 1994, Xerais, 2005).
- Fantasía (extracto) do xefe dos lagartos, carpeta co pintor Xosé Freixanes (1988).
- Desatinos dun maldito (Xerais, 1991).
Obras colectivas [editar]
- Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
- Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones. En edición bilingüe galego-castelán.
Obra en castelán [editar]
Narrativa [editar]
- Dados blancos (Caballo de Troya, 2004).
Premios [editar]
- Premio da Crítica de Galicia en 1978 por Mar e naufraxio.