Gorrión

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Pardal
Gorrión GDFL 11eue.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Passeridae
Xénero: Passer
Nome científico
Passer domesticus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O gorrión ou pardal (Passer domesticus) é un paxaro da familia dos ploceidos.

Está adaptado ó hábitat urbano e moi acostumado a vivir cerca do ser humano. Distribúese por todo o globo, aínda que é orixinario de Eurasia e do norte de África. Foi introducido polo ser humano no resto de continentes, a excepción da Antártida.

100 exemplares procedentes de Inglaterra foron soltados en Brooklyn, Nova York, como control de pragas. Esta medida foi seguida noutras cidades dos Estados Unidos, onde é coñecido como gorrión inglés para distinguilo dos gorrións americanos nativos.

Pode chegar a vivir 13 anos en cautividade, se ben en liberdade non adoitan chegar ós 7.

Passer domesticus
Passer domesticus

Índice

[editar] Descripción

Pesa arredor de 30 gramos e mide de 14 a 16 centímetros, sendo os machos normalmente algo máiores que as femias. O gorrión doméstico é de conformación robusta e patas curtas. O seu pico é groso, forte e cónico.

A plumaxe do lombo é pardo, con manchas negras e vermellas.

Os machos posúen unha mancha negra en forma de garabata que cubre parte do peito e da gorxa. A fronte, coroa e nuca son grises. As femias posúen unhas cores máis apagadas. A súa cabeza é parda e as cellas clara. Non posúen o negro na gorxa dos machos.

A cría é similar en plumaxe á femia.

[editar] Reprodución

Forman parellas monógamas en cada estación de reprodución. Constrúen os niños en primavera, con follas secas, plumas e restos de papel. Anidan en grietas de edificios, debaixo das tellas ou en troncos de coníferas. Os ovos son postos en calquera momento da primavera, podendo haber ata 4 postas, e en cada posta 4 o 5 ovos.

Unha vez que todos son depositados tanto o macho como a femia se encargan de incubar os ovos, turnándose cada poucos minutos. Ós 10 días os poliños rompen o cascarón, e ós 14 xa teñen plumas.

Poden chegar a ser moi agresivos con outras especies, ocupando ou tapando niños con poliños recén nacidos.

[editar] Comportamento

Adoitan baixar a terra buscar comida, camiñando a saltos, a diferencia das pombas que o fan dando pasos. Aliméntanse de insectos e sementes, aínda que tamén aproveita os desperdicios do home. En primavera tamén pode comer bolboretas e flores: Crocus, Aconitum e a flor de primavera (Primula vulgaris) parecen atraer ós gorrións.

Protexen con agresividade a área arredor do niño, tanto doutras especies como de membros da súa propia. Os machos atacan a outros machos e as femias fan o propio con outras femias.

En ambientos urbanos, posúen maior confianza co home que en ambientes rurais. Encóntrase sempre preto de lugares habitados, xa sexan rúas, parques ou xardíns, como prados, ortas ou granxas.

É un ave sedentaria.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Ferramentas persoais