Grilo (insecto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Grilo
Grilo do xénero CeuthophilusGrilo marrón australiano
Clasificación científica
Reino: Animalia
Phylum: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Orthoptera
Orde: Ensifera
Familia: Gryllidae

Grilo (do latín grillus) é a designación común dos insectos ortópteros (Orthoptera), suborde Ensifera, que constitúen a familia dos grilídeos, e que posúen, alén de longas antenas filisiformes, órganos auditivos para percibir os sons que producen coas súas ás anteriores ao frotalas.

Soamente os grilos machos poducen sons e fano para atraer as femias para a reprodución. Por tanto, os machos posúen unha serie de pelos nas bordas das súas ás, aliñados como pentes, e producen os sons rozando unha á contra a outra.

Así, cada especie produce un canto peculiar que varía coa época do ano, e que é máis intenso para atraer a femia e máis suave cando ela xa está presente e se inicia a fase do cortexo.

A femia posúe un longo órgano ovopositor característico. Estes insectos son omnívoros, pois comen tanto follas e talos como insectos. Cavan no solo orificios con até medio metro de profundidade que terminan nunha habitación circular. A entrada do buraco é mantida sempre limpa porque aí se constitúe a zona de canto do macho.

Existen preto de 900 especies de grilos ao redor do mundo, e moitas veces son confundidos cos saltóns, dos cales son ben diferentes aínda que emparentados.

Nalgunhas culturas os grilos son tomados como animais de estimación. Na China, o pouso dun grilo nunha persoa significa moita sorte, e en varias partes do mundo son consumidos como alimento.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Grilo