Cociñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Chef executivo e un cociñeiro en París, Francia

Cociñeiro ou Chef é o termo normalmente usado para referirse a un individuo que cociña por profesión. Nun restaurante ou hotel chef utilízase para designar ao xefe (en francés chef) da cociña. Este é normalmente un chef executivo que ten ao seu cargo unha serie de persoas que desenrolan tarefas e axudan na elaboración dos pratos, pero que non son totalmente responsables do sabor final destes.

Xerarquías[editar | editar a fonte]

Nalgúns países, existen certas xerarquías para os Chefs. A continuación, móstranse do rango máis alto a máis baixo:

  • Chef Executivo
  • Sous Chef
  • Chef de Partie
  • Demi Chef
  • Commis Chef