García Pardiñas Vilar de Francos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaGarcía Pardiñas Vilar de Francos

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1672 Editar o valor em Wikidata
Cícere, España Editar o valor em Wikidata
Morte29 de marzo de 1741 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Tarazona, España Editar o valor em Wikidata
Bispo de Tarazona
15 de abril de 1720 –
← Blas Serrate (en) TraducirJosé Alcaraz y Belluga (en) Traducir →
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico (1720–), Sacerdote católico de rito romano (1698–), escritor , relixioso Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Orde relixiosaOrde da Mercé Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónCarlos de Borja y Centellas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesJosé Pardiñas y Villalobos () Editar o valor em Wikidata

García Pardiñas Vilar de Francos, nado en Cícere (Santa Comba) o 12 de xaneiro de 1672 e finado en Tarazona (provincia de Zaragoza) o 29 de marzo de 1741, foi un catedrático de Teoloxía Moral na Universidade de Salamanca e bispo de Tarazona.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en San Pedro de Cícere, no concello de Santa Comba. Fillo de Juan Pardiñas Pardiñas Vilar de Francos e de María Álvarez de Lema, familia nobre. A nai era da ilustre casa de Boallo en San Pedro de Berdoias en Vimianzo. Foi educado relixiosamente polo cal, converteuse en moi devoto xa dende neno da Nosa Señora da Barca. Educado en Artes e en Teoloxía, na Universidade de Compostela, ingresou no convento mercedario de Conxo e acadou a súa profesión o 15 de abril de 1690, aos dezaoito anos de idade. Dada a súa formación previa e a súa capacidade intelectual, enviárono á Universidade de Salamanca, residindo no Convento de Vera Cruz. En novembro do devandito ano de profesión xa figuraba matriculado na Universidade salmantina. Desapareceu nos dous cursos seguintes e consígnase de novo o seu nome no curso 1693-1694. Cumpriu sete anos de estudante en Artes e Teoloxía; dous anos de pasante, e os demais de lector no Colexio da Vera Cruz e mestre nesta Universidade de Salamanca[1].

Foi lector en Valladolid. Tivo inquietude pola poesía, pois participou nas Festas Minervais de Compostela en 1697. Probablemente a primeiros de 1699, ordenouse de presbítero. Era bacharel en Artes e en Teoloxía desde o 28 de xuño de 1698. O 4 de marzo do ano seguinte figuraba como licenciado en Teoloxía. Tivo como padriño deste acto académico ao catedrático mercedario pai mestre frei Francisco Solís, que foi bispo de Lleida. Unha semana despois, frei García alcanzou o título de mestre en Teoloxía pola Universidade de Ávila.

Foi lector de Teoloxía moitos anos no Colexio de Vera Cruz. Alí foi rexente de Estudos e máis tarde reitor do Colexio Maior (1703-1706).

O provincial de Castela frei José López Pombal, sendo superior de Salamanca Pardiñas, nomeouno visitador dos conventos do Reino de Galiza e o Principado de Asturias, levando a cabo dita visita en Conxo, Verín e Avilés o ano 1705. O 18 de novembro de 1713, a Universidade recibiu do Consello de Felipe V unha Real Cédula nos termos seguintes:

O Consello proveu a Cátedra de propiedade de Lóxica Magna vaca por ascenso do Mestre Frai Pedro María Abad de San Anselmo no Mestre Frei García Vilar de Francos da Orde da nosa Señora da Mercé [...], para que o poña en posesión na forma que se afai. Deus garde a V.S [...] Madrid e novembro 25 a 1713.- Miguel Francisco Guerra. [Hai unha rúbrica].- Sr. Reitor e Claustro da Universidade de Salamanca

En 1716 opositou á cátedra de Sacra Escritura e non a gañou. En abril de 1717 volve a figurar como opositor á Cátedra de Prima en Teoloxía. Perdeu unha vez máis. Finalmente acadou a cátedra de Teoloxía Moral en 1718. O 2 de maio tomou posesión o mestre Pardiñas Vilar de Francos. O desempeño da devandita cátedra exixía residir en Salamanca.

O 15 de abril de 1720 o papa Clemente X elixiuno bispo de Tarazona[2]. Foi consagrado en Madrid, na igrexa da Casa provincial e xeneral da Corte, o 9 de xuño de 1720, por Carlos de Borja y Centellas, patriarca de Indias, nunha cerimonia á que asistiron Dionisio de Mellado, bispo de Lares, e Manuel Salazar, bispo de Lugo. O 24 de maio recibíronse as bulas en Tarazona, e tomou posesión por procurador. Encontrou en Tarazona un convento mercedario e outros tres na diocese: Calatayud, Tudela e Corella. Fixo a visita ad límina en 1725.

Faleceu en Tarazona o 29 de marzo de 1741. Os seus restos non repousan na catedral de Tarazona, pois en 1744 trasladáronse á capela do Santo Cristo de Conxo[3].

Obras[editar | editar a fonte]

  • Soneto, Santiago, 1697.
  • Panegírico Funeral en las Reales Exequias que hizo la Universidad de Salamanca en su Real Capilla el día 23 de Diciembre de 1715. Al Sr. Rey Christianíssimo de Francia Luis XIV, el Grande [...], Salamanca, 1715.
  • Epístola pastoral suis ovibus directa, s. l., 1724.
  • Copia del Capítulo perteneciente al Decanato y jurisdicción de Tudela, que Monseñor Pardiñas representó a Su Santidad año 1725.
  • Informe presentado al Papa Benedicto XIII en 1725 y publicado por el canónigo de Tudela (España) don Ángeles Francisco Pérez, Roma, 1726.
  • Demostración de la verdad, y de la justicia, que asiste al Iltmo. Y Revermo. Sr. D. Fr. García de Pardiñas y Villar de Francos [...] Obispo de Tarazona [...] en la causa con los Cabildos Eclesiásticos, y Secular de la Ciudad de Tudela. Sobre retención de la Bula de Unión del Deanato de la [...] Iglesia Colegial de dicha Ciudad a la dignidad Episcopal de Tarazona, Pamplona, 1729.
  • Cartas a los de Tudela, s. l., s. f.


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "García Pardiñas Villar de Francos | Real Academia de la Historia". dbe.rah.es. Consultado o 2024-03-27. 
  2. "Nuestra historia". Diócesis de Tarazona (en castelán). Consultado o 2024-03-27. 
  3. "Personaxes | Concello de Santa Comba". Consultado o 2024-03-27. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • A. A. de Hardá y Múxica, Bibliotheca Scriptorum [...] Ordinis de Mercede [...], ms. en la Real Academia de la Historia, Madrid.
  • A. de Arques y Jover, Biblioteca Scriptorum Ordinis [...], ms. firmado en 1785, copia de Hardá.
  • G. Placer, Biografía de Ilmo. Fray García de Pardiñas Villar de Francos (1672-1741), Madrid, Publicaciones de la Revista Estudios, 1951.
  • Bibliografía Mercedaria, Madrid, Publicaciones del Monasterio de Poio-Revista Estudios, 1968.
  • C. Oviedo Cavada, Los Obispos Mercedarios, Santiago de Chile, Salesianos, Bulnes 19, 1981.