Corella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un dos lugares de maior interese de Corella é "A Noria"

Corella é un concello da Comunidade Foral de Navarra, en España, situado a 92 km de Pamplona, que se atopa na Ribeira Navarra, próxima a Tudela e incluída dentro do meiriñado de Tudela. En 2008 tiña 7.898 habitantes.

Eminentemente agrícola en anos pasados e actualmente con adegas que elaboran moi bos viños tintos, Corella posúe, nos albores do século XXI, un tecido industrial importate na zona, con empresas que van desde a elaboración e transformado de caucho e outros compoñentes para a automoción, ata a fabricación de sistemas industriais de contrapesos, ou a produción de prefabricados para a construción, sendo este último sector no que máis destacou esta cidade nos últimos anos.

Posúe un rico patrimonio arquitectónico barroco, sendo de especial mención "A Casa das Cadeas", da cal existe unha replica no Poble Espanyol de Barcelona. O "Museo de Arte Sacra" así como os seus edificios relixiosos son igualmente destacables.

O pasado de Corella móstranos a prolíficos comerciantes, militares, gobernadores, ministros -de mariña, de xustiza e de vivenda-, ou ata a músicos, médicos e artistas. É a cidade natal de Miguel Sanz Sesma, o actual presidente do Goberno foral de Navarra, Alberto Catalán, Conselleiro Portavoz do Goberno de Navarra e Antonio Catalán, fundador da cadea hostaleira NH e actualmente presidente da cadea hostaleira AC Hoteles.