Gabriele d'Annunzio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gabriele d'Annunzio como Duce de Fiume

Gabriele d'Annunzio, nado en Francavilla al Mare, Pescara, en 1863 e finado en Gardane Riviera en 1938, foi un escritor italiano, precursor do fascismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gabriele d'Annunzio naceu co nome de Gaetano Rapagnetta, fillo dun rico comerciante, xa dende moi novo deu mostras do seu talento literario, publicou aos dezaseis anos (1879) o seu primeiro poemario, Primo vere. En 1881 entrou na Universidade de Roma, onde integrou varios grupos literarios e escribiu artigos e críticas nos xornais locais. En 1889 publica a súa primeira novela Il piacere.

En 1897 d'Annunzio entra na Cámara dos deputados como independente,. En 1910 marcha a Francia para escapar das fortes débedas contraídas polo seu estilo de vida. Colabora con Claude Debussy na comedia musical Le martyre de Saint Sébastien (1911). Durante a Primeira Guerra Mundial loitou como aviador e perdeu un ollo en combate aéreo. Ao rematar a guerra ocupou a cidade de Fiume (1919) á fronte dun grupo de voluntarios para propiciar a súa integración en Italia, diante a negativa dos aliados (Francia, Gran Bretaña e Estados Unidos) declarouse Duce e proclamou a independencia de Fiume (Rexencia italiana da Carnaro), cunha Constitución que é un precedente do fascismo italiano, e mantívose na cidade ata que a armada italiana bombardeu a cidade en decembro de 1920.

Despois de triunfar o fascismo en Italia, en 1924 recibiu o título de príncipe de Montenevoso, aínda que Gabriele d'Annunzio non participou na política de Benito Mussolini, tivo unha grande influencia na súa ideoloxía. Pouco antes da súa morte a Real Academia Italiana elixiuno como o seu presidente.