Canon de Bayreuth

Este é un artigo de calidade da Galipedia
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Richard Wagner e a súa segunda esposa, Cosima, definiron o Canon de Bayreuth.

O Canon de Bayreuth é un catálogo de óperas do compositor alemán Richard Wagner que foron representadas no Festival de Bayreuth.[1] O festival, que está adicado á representación destas obras, foi fundado polo compositor en 1876 na localidade bávara de Bayreuth, e continuou baixo a dirección da súa familia dende a súa morte. Aínda que inicialmente non estaba planeado mantelos anualmente, tiveron lugar en xullo e agosto todos os anos dende a tempada do seu 75 aniversario en 1951. O seu lugar de celebración é o Bayreuther Festspielhaus, un teatro de ópera construído para o primeiro festival.[2] Frecuentemente considérase a asistencia ao festival como unha peregrinación realizada polos afeccionados a Wagner.[3]

Compoñentes[editar | editar a fonte]

As óperas que integran o canon son as seguintes:[4]

Das Rheingold, Die Walküre, Siegfried e Götterdämmerung
Estas son as catro partes de Der Ring des Nibelungen. O Festival de Bayreuth Festival foi creado para a primeira representación completa do ciclo do Anel en 1876.[2] O Anel foi posteriormente representado en Bayreuth en 1896, a única outra tempada na que o ciclo foi representado alí sen ser acompañado por ningunha outra ópera. Dende aquela ten sido representado na meirande parte das tempadas.[5]
O interior dun edificio con numerosos arcos ornamentais. Un altar baixo unha cúpula está case rodeado por unha mesa e un banco.
O deseño de Paul von Joukowsky para a escena do Graal na produción orixinal de Parsifal en 1882.
Parsifal
Esta obra foi representada por primeira vez no segundo Festival de Bayreuth en 1882.[4] O grao no que Parsifal está asociada a este lugar, o Festspielhaus, faina única entre as principais obras do teatro.[6] Wagner denominou á ópera como un Bühnenweihfestspiel, que o director de ópera Mike Ashman traduciu como "obra do festival para consagrar a escena". Ashman explica o significado indicando que tiña a intención de asegurar o futuro financeiro do Bayreuther Festspielhaus e permitir aos herdeiros do compositor que continuaran organizando o festival de forma rendible.[7] Parsifal non se representou en ningún outro lugar ata 1903, cando a Metropolitan Opera de Nova York rompeu a prohibición imposta ás representacións fóra de Bayreuth imposta por Wagner e a súa viúva Cosima.[8]
O número de veces que se ten representado Parsifal en Bayreuth é moi superior á das demais integrantes do canon. É a única ópera que ten sido representada en tres tempadas do Festival (1882, 1883 e 1884) adicadas unicamente á súa posta en escena,[5] e foi representada todas as tempadas dende 1882 ata o inicio da segunda guerra mundial, coa excepción de 1896, cando Cosima reviviu o ciclo do Anel por primeira vez.[9] A meirande parte destas representacións foron da produción orixinal, que foi realizada en 205 ocasión antes de que fora introducida a nova escenificación en 1934.[10][11] Outra produción – do influente neto do compositor Wieland – foi representada cada ano dende 1951, cando Bayreuth reabriu despois da Guerra, ata 1973, acumulando 101 representacións.[12][13][Nota 1]
Der Fliegende Holländer, Tannhäuser, Lohengrin, Tristan und Isolde e Die Meistersinger von Nürnberg
Cosima introduciu estas cinco óperas dende 1886 en diante, despois de que ela comezara a organizar o festival de xeito continuo.[14][15] Ao introducilas, cumpriu os desexos do seu defunto marido,[16] alo menos durante un longo período de tempo.[17] Die Meistersinger von Nürnberg é a única ópera do canon, a parte de Parsifal e o ciclo Der Ring des Nibelungen, que tivo edicións do festival adicadas enteiramente á súa representación, as de 1943 e 1944.[5]

O canon no seu conxunto[editar | editar a fonte]

O Bayreuther Festspielhaus, sede do Festival de Bayreuth.

Xuntas, estas constitúen as últimas dez óperas das trece que compuxo Wagner. O compositor rexeitou as tres primeiras, Die Feen, Das Liebesverbot e Rienzi, por consideralas traballos de aprendiz.[18][19] Aínda que estas foron postas en escena noutros lugares, e Rienzi foi moi popular a principios do século XX,[20] as óperas do canon as exceden, tanto en número de representacións[21] como en número de gravacións realizadas.[22] O termo Canon de Bayreuth é polo tanto empregado ás veces para referirse ás óperas de madurez do compositor.[23] Georg Solti foi o primeiro director que realizou gravacións de estudio completas de todas as óperas do canon, comezando en 1958 con Das Rheingold e rematando en 1986 con Lohengrin.[23]

Representacións en Bayreuth[editar | editar a fonte]

Até a finalización do festival de 2018, realizáronse máis de 2600 representacións das óperas do canon no Festival de Bayreuth, distribuídas do seguinte xeito:[Nota 2]

Lenda
símbolo e cor significado
Ópera do Anel
Óperas introducidas por Richard Wagner
* Óperas introducidas por Cosima Wagner
Ópera Completada Estreada Estrea en Bayreuth Primeiro director
en Bayreuth
Representación máis recente en Bayreuth
(ata 2018)[Nota 3]
Total de representacións en Bayreuth
(ata 2018)[Nota 3]
Das Rheingold
(O Ouro do Rin)
1854[24] 22 de setembro de 1869[25] 13 de agosto de 1876[26] Hans Richter[27] 2017 229
Die Walküre
(A Valquiria)
1856[24] 26 de xuño de 1870[28] 14 de agosto de 1876[5][26] Hans Richter[29] 2018 229
Siegfried 1869[24] 16 de agosto de 1876[30] 16 de agosto de 1876[30] Hans Richter[31] 2017 228
Götterdämmerung
(O Crepúsculo dos Deuses)
1874[24] 17 de agosto de 1876[32] 17 de agosto de 1876[32] Hans Richter[33] 2017 232
Parsifal 1882[34] 26 de xullo de 1882[35] 26 de xullo de 1882[35] Hermann Levi[36] 2018 536
Tristan und Isolde
(Tristán e Isolda)
1859[37] 10 de xuño de 1865[38] 25 de xullo de 1886*[5][39] Felix Mottl[40] 2018 244
Die Meistersinger von Nürnberg
(Os Mestres Cantores de Nüremberg)
1867[41] 21 de xuño de 1868[42] 23 de xullo de 1888*[5][43] Hans Richter[44] 2018 319
Tannhäuser 1845[45][Nota 4] 19 de outubro de 1845[46] 22 de agosto de 1891*[5][47] Felix Mottl[48] 2014 220
Lohengrin 1848[49] 28 de agosto de 1850[50] 20 de xullo de 1894*[5][51] Felix Mottl[52] 2018 237
Der Fliegende Holländer
(O Holandés Errante)
1841[53][Nota 5] 2 de xaneiro de 1843[54] 22 de xullo de 1901*[5][55] Felix Mottl[52] 2018 238

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Número calculado ata Bayreuther Festspiele 2016.
  2. Bayreuther Festspiele (2012). O total de representacións ascende a 2725 actuacións, incluíndo oito concertos e seis interpretacións da Novena Sinfonía de Beethoven.
  3. 3,0 3,1 Todos os detalles destas columnas están tomados de Bayreuther Festspiele 2018.
  4. Wagner revisou Tannhäuser en varias ocasións durante o tempo transcorrido dende a súa estrea en Dresde en 1845 e a súa representación en Viena en 1875 (Ashman, 1988 pp.7–8), mais seguiu insatisfeito co traballo mesmo entón, dicíndolle á súa muller "aínda débolle ao mundo Tannhäuser" pouco antes da súa morte (Sutcliffe, 1992).
  5. Wagner revisou Der Fliegende Holländer en varias ocasións, trasladando a acción de Escocia a Dinamarca mesmo antes de que a ópera se representara e creou as dúas versións dos actos I e III. O compositor falou sobre realizar máis cambios moito despois da súa creación, contra 1880 (Deathridge, 1982 pp.13, 25).
Referencias
  1. Para exemplos do seu uso, véxase Carnegy, p.143 o Best, p. 102.
  2. 2,0 2,1 (Sabor 1997, p. 166)
  3. Véxanse Twain e Laurson para exemplos desta comparación.
  4. 4,0 4,1 Gurewitsch, Matthew (5 de setembro de 1999). "Music: Bayreuth, Like Wagner, Survives the Critics". The New York Times (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 "Die Aufführungen sortiert nach Festspielleitung" (en alemán). Bayreuther Festspiele. 2016. Arquivado dende o orixinal o 13 de decembro de 2010. Consultado o 29 de xaneiro de 2016.  Estatísticas das representacións no Festival ordenadas polo director do festival, no sitio web do Festival
  6. (Beckett 1981, p. 87)
  7. (Ashman 1986, p. 7)
  8. (Beckett 1981, pp. 92–94)
  9. (Beckett 1981, p. 93)
  10. (Syer 2005, p. 283)
  11. (Beckett 1981, p. 97)
  12. (Beckett 1981, pp. 87, 99)
  13. (Syer 2005, p. 305)
  14. (Carnegy 2006, pp. 139, 143)
  15. Griffiths, Paul (24 de novembro de 2004). "Little Big Man". The Nation (en inglés). Consultado o 19 de decembro de 2009. [Ligazón morta]
  16. Skelton (2002).
  17. Véxase The New York Times (1879) onde se anunciaron os plans para poñer en escena todas estas óperas en Bayreuth en 1887.
  18. Loomis, George (14 de agosto de 2008). "Das Liebesverbot, Glimmerglass Opera, Cooperstown". Financial Times (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  19. Laurson, Jens F. (1 de setembro de 2008). "Bayreuth after Wolfgang" (en inglés). Classical WETA 90.9 FM. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2011. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  20. Palmer, Andrew (2005) libro da gravación en CD de Rienzi, dirixida por Edward Downes, Ponto PPO-1040
  21. Morgan, Simon (2005). "Seen and Heard International Opera Review: Reviews of Die Feen" (en inglés). Music Web International. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  22. "Operaclass catalogue. Richard Wagner (Composer)" (en inglés). Operaclass. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  23. 23,0 23,1 Greenfield, Edward (outubro de 1987). "Solti at 75" (en inglés). Gramophone. Consultado o 19 de decembro de 2009. 
  24. 24,0 24,1 24,2 24,3 (Cooke 1979, p. 132)
  25. (John 1985, p. 43)
  26. 26,0 26,1 (Wagner 1978, p. 918)
  27. "13 Agosto 1876, Domenica" (en italiano). AmadeusOnline. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  28. (John 1983b, p. 53)
  29. "14 Agosto 1876, Lunedì" (en italiano). AmadeusOnline. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  30. 30,0 30,1 (John 1984, p. 63)
  31. "16 Agosto 1876, Mercoledì" (en italiano). AmadeusOnline. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  32. 32,0 32,1 (John 1983c, p. 63)
  33. "17 Agosto 1876, Giovedì" (en italiano). AmadeusOnline. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  34. Headington et al. p.188.
  35. 35,0 35,1 (John 1986, p. 83)
  36. "26 Luglio 1882, Mercoledì" (en italiano). AmadeusOnline. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  37. (Newman 1949, p. 205)
  38. (John 1981, p. 45)
  39. Folleto para o Festival Bayreuth de 1886, reproducido en Mack (1976) Lámina 80.
  40. "25 Luglio 1886, Domenica" (en italiano). AmadeusOnline. 29 de xaneiro de 2016. 
  41. Headington et al. (1991) p.184.
  42. (John 1983, p. 41)
  43. Folleto para o Festival Bayreuth de 1888, reproducido en Mack (1976) Lámina 88.
  44. "23 Luglio 1888, Lunedì" (en italiano). AmadeusOnline. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  45. (Newman 1949, p. 66)
  46. (John 1988, p. 57)
  47. Folleto para o Festival Bayreuth de 1891, reproducido en Mack (1976) Lámina 94.
  48. "Tannhäuser (Tannhäuser und der Sängerkrieg auf Wartburg)" (en inglés). wagneropera.net. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  49. (Newman 1949, p. 155)
  50. John (1993d) páxina de título sen número.
  51. Folleto para o Festival Bayreuth de 1894, reproducido en Mack (1976) Lámina 109.
  52. 52,0 52,1 "Felix Mottl" (en inglés). wagneropera.net. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2016. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  53. (Watson 1981, p. 69)
  54. (John 1988, p. 49)
  55. Folleto para o Festival Bayreuth de 1901, reproducido en Mack (1976) Lámina 164.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]