Friki

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Friki (comiqueiro).
Friki (comiqueiro).

(Do inglés freak, que significa monstro, becho raro.)

Dise da persoa obsesionada cun tema ou afección en concreto, normalmente considerada extravagante, ata o punto de convertilo nunha forma de vida. Normalmente relacionase ca informática, a banda deseñada, o anime xaponés, os filmes e series de ciencia ficción e fantasía, pero o termo pode extenderse a calquera gusto descomedido. Normalmente asóciase a un carácter introvertido ou difícil de relacionarse con persoas alleas á súa afección e a unha indumentaria non convencional. En casos moi extremos, o afeccionado obsesivo/compulsivo deixa de ser friki e evoluciona a gosu ou geek.

Orixinalmente, os freaks eran persoas con algunha malformación ou anomalía física (mulleres barbudas, homes elefante ou persoas de estatura anormalmente alta ou baixa) e que eran exhibidas nos circos. Por iso, tamén se usa o termo friki en sentido pexorativo referido a personaxes extravagantes nalgún sentido e que chegan a ter sona po-la súa extravagancia a traveso da televisión ou internet. A palabra freak en inglés conserva este significado.

[editar] Equivalente de "friki" noutros idiomas

Eiquí utilízase a definición de "obsesionado por unha afección concreta".

  • Inglés: geek ou nerd. O primeiro refírese ós obsesionados cun área do saber, como as ciencias naturais ou a música (academicamente falando); ó segundo atribúenselle máis coñecementos técnicos.
  • Xaponés: otaku. En Occidente ten o significado de "fanático do manga/anime", pero en Xapón refírese ó que está obsesionado por calquer afección. Así, hai "anime otaku" ou "pasokon otaku" (fanático dos ordenadores) por poñer dous exemplos.
  • Coreano : gosu.

[editar] Tipos de frikis

Po-lo xeral os frikis centranse nunha afección máis ou menos concreta, polo que se pode falar de subtipos de frikis, cos seus propios nomes. Segundo o contexto algúns destes nomes ponden ter connotacións negativas, ó igual que a propia palabra "friki".

A seguinte é unha lista de tipos de frikis que non pretende ser exhaustiva, segundo o tipo de afección. Moitos frikis podense considerar de varios tipos ó ter diversas afeccións consideradas frikis:

Ferramentas persoais