Friqui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Friqui (comiqueiro).

Denomínase friqui (do inglés freak, que significa monstro, becho raro) a persoa obsesionada cun tema ou afección en concreto, normalmente considerada extravagante, ata o punto de convertelo nunha forma de vida. Normalmente relacionase coa informática, a banda deseñada, o anime xaponés, os filmes e series de ciencia ficción e fantasía, pero o termo pode estenderse a calquera gusto descomedido. Normalmente asóciase a un carácter introvertido ou difícil de relacionarse con persoas alleas á súa afección e a unha indumentaria non convencional. En casos moi extremos, o afeccionado obsesivo/compulsivo deixa de ser friqui e evoluciona a gosu ou geek.

Orixinalmente, os freaks eran persoas con algunha malformación ou anomalía física (mulleres barbudas, homes elefante ou persoas de estatura anormalmente alta ou baixa) e que eran exhibidas nos circos. Por iso, tamén se usa o termo friqui en sentido pexorativo referido a personaxes extravagantes nalgún sentido e que chegan a ter sona pola súa extravagancia a través da televisión ou internet. A palabra freak en inglés conserva este significado.

Equivalente de friqui noutros idiomas[editar | editar a fonte]

Aquí utilízase a definición de "obsesionado por unha afección concreta".

  • Inglés: geek ou nerd. O primeiro refírese ós obsesionados cunha área do saber, como as ciencias naturais ou a música (academicamente falando); ó segundo atribúenselle máis coñecementos técnicos.
  • Xaponés: otaku. En Occidente ten o significado de "fanático do manga/anime", pero en Xapón refírese ó que está obsesionado por calquera afección. Así, hai "anime otaku" ou "pasokon otaku" (fanático dos ordenadores) por poñer dous exemplos.
  • Coreano: gosu.

Tipos de friquis[editar | editar a fonte]

Polo xeral os friquis céntranse nunha afección máis ou menos concreta, polo que se pode falar de subtipos, cos seus propios nomes. Segundo o contexto, algúns destes nomes poden ter connotacións negativas, ao igual que a propia palabra "friqui". A seguinte é unha lista de tipos que non pretende ser exhaustiva, segundo o tipo de afección e os temas relacionados.