Joost van der Westhuizen
Joost van der Westhuizen, nado o 20 de febreiro de 1971 en Pretoria (Sudáfrica), é un xogador de rugby retirado, que xogaba na posición de medio de melé. Ó longo da súa carreira defendeu as cores dos Blue Bulls na Currie Cup, dos Bulls no torneo Super Rugby e dos Springboks.
Foi un dos mellores e mais carismáticos xogadores de rugby da historia na súa posición, ben coñecido pola súa velocidade á hora de atacar e a súa ferocidade cando tiña que defender. Levou a capitanía da súa selección dende 1999. Retirado en 2003, ó ano seguinte asinou un contrato para comentar encontros de rugby na canle de televisión surafricana SuperSport. Xa en 2007 foi incluído no International Rugby Hall of Fame, e no IRB Hall of Fame en 2009.
Índice |
Records [editar]
No momento da súa retirada, Joost vd Westhuizen era o xogador con mais encontros internacionais (89) e mais ensaios anotados (38) da historia da Selección de rugby de Sudáfrica, coa cal acadou a vitoria na Copa do Mundo de Rugby 1995. O seu record de encontros internacionais foi superado por Percy Montgomery na Copa do Mundo de Rugby 2007, e mantivo a súa condición de máximo anotador de ensaios ata a Copa do Mundo de Rugby 2011, sendo adiantado por Bryan Habana.
Palmarés [editar]
| Equipos | Tempadas | Títulos |
| Blue Bulls | 1993 - 2003 | 2 Currie Cup (1998, 2002) |
| Bulls | 1996 - 2003 | |
| Springboks | 1993 - 2003 | 1 Mundial (1995), 1 Tri Nations (1998) |
Enfermidade [editar]
O 12 de maio de 2011 fíxose público que Joost van der Westhuizen tiña ELA, unha enfermidade dexenerativa de tipo neuromuscular pola cal unhas células do sistema nervioso disminuen pouco a pouco o seu funcionamento e morren, desencadeando unha parálise muscular que provoca a morte. Nunha conversa con xornalistas da revista The Beeld, Jody Pearl (o seu médico) dixo que Joost van der Westhuizen tiña un 80% de posibilidades de vivir entre 2 e 5 anos.
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Rugby Hall of Fame (en inglés)
- SARugby.co.za (en inglés)
- Sporting-Heroes 1 2 3 4 (en inglés)
|
||||||||||||||||||||