Franco Battiato
| Franco Battiato | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Italia, |
| Período | 1965- |
| Xénero(s) | Rock progresivo, Pop, Rock, Vangarda, experimental, Clásica |
| Selo(s) discográfico(s) | |
| Membros | |
| Antigos membros | |
| Web oficial | páxina oficial |
Franco Battiato, nado en Jonia, hoxe Riposto o 23 marzo de 1945, é un cantautor, compositor e pintor italiano.
Personalidade moi ecléctica e orixinal do panorama artístico e musical italiano. Atravesou moitos estilos musicais: os comezos románticos, a música experimental, a vangarda, a ópera lírica, a música étnica, ou o rock progresivo, recibindo sempre unha boa acollida entre o público e a crítica, valéndose de colaboracións como o violinista Giusto Pio ou o filósofo Manlio Sgalambro, e costruíndo unha carreira artística sen igual, reflexada recentemente nunha versión cinematográfica.
che non mi faccia mai cambiare idea sulle cose, sulla gente
Índice |
[editar] Traxectoria
[editar] Os primeiros sinxelos
Trasladado a Milán no 1965, publica dous sinxelos para a revista Nuova Enigmistica Tascabile, que ofrecía discos e cancións célebres interpretadas por cantantes pouco coñecidos, que hoxe poseen un valor moi alto para os coleccionistas. Nestes sinxelos o artista aparece co nome de Francesco Battiato.
O primeiro, que aparece cunha foto de Battiato na portada, contén unha versión presentada ó Festival de San Remo de 1965 de L'amore è partito, de Beppe Cardile e Anita Harris. O segundo contén un tema orixinal de Alain Barrière: ...e più ti amo, traducido por Gino Paoli.
[editar] A canción protesta
Dous anos despois (no 67) Giorgio Gaber conséguelle un contrato ca Jolly, entrando no filón da "protesta", moi de moda naquela época. O primeiro sinxelo foi "La torre", seguido de "Il mondo va così". Tivo unha experiencia como actor teatral, recitando o papel de Tino Carraro en Much ado about nothing de William Shakespeare. Colabora tamén con Gaber escribindo a famosa ...e allora dai!, presentada no Festival de San Remo de 1967, e Gulp Gulp, coñecida pola trasmisión televisiva Diamoci del tu.
[editar] O periodo romántico
No 1968 cambia de selo discográfico, pasando á Philips e abandona o xénero de protesta para achegarse ó romántico, máis immediato e de consumo sinxelo. Rexistra dous temas que a casa discográfica holandesa publicará no 1971 (Vento caldo e Marciapiede) e obtén un paso discreto con È l'amore, no que os arranxos clasicistas ó pianoforte e unha voz coral permiten xa entrever o que será o Battiato futuro. No 1969 participa con bo resultado no Disco per l'estate co tema Bella ragazza.
[editar] Experimentación ca vangarda
O nome de Battiato aparece no 1972 nun LP de jazz rock progresivo obra do grupo Osage Tribe chamado Arrow Head.
Colabora tamén no disco Area di servizio, de Riccardo Pirolli, usando o pseudónimo "Genco Puro & CO": neste disco Battiato canta en tres cancións: "Giorno d'estate", "Nebbia" e "Biscotti e the". É fundamental a participación no disco de Juri Camisasca La finestra dentro elemento pouco coñecido da musica de vangarda destes anos.
[editar] Musica experimental e vangarda colta
Desde o 1971 adícase á música experimental con amplo uso de electrónica, cunha serie de álbums lendarios para a etiqueta Bla Bla: Fetus (1972, con outra famosa portada, censurada naquela época), Pollution (1973), Sulle corde di Aries (1973), Clic (1974) e M.elle le Gladiator (1975). Un tema deste primeiro periodo, Propriedad prohibida (1974) aínda segue a ser utilizado como cabeceira do programa Tg2 Dossier.
No 1976 pasa á produtora Ricordi, que lle distribuíra os últimos LPs, e adícase á vangarda colta con tres álbums pouco vendidos pero moi apreciados pola crítica: Battiato (1977), Juke Box (1978) e L'Egitto prima delle sabbie (1978). Con L'Egitto prima delle Sabbie, experimentou cun só acorde repetido ó pianoforte, adxudicándose no 1977 o Premio Stockhausen de música contemporánea. Neste periodo comeza a colaboración con Giusto Pio, co que asume a direción musical de algúns espectáculos de Giorgio Gaber, como Polli d'allevamento.
[editar] O gran recoñecemento
No 1978 saca un 45 revolucións publicado usando o pseudónimo Astra: os dous temas, escritos con Pio (se ben Battiato utiliza o pseudónimo "Albert Kui"), chámanse Adieu e San Marco (cun texto en francés entre ambos).
Co paso á EMI no 1979 volve á canzone, con influxos orientais e sen ceder ó gusto imperante, e obtén un extraordinario e meritorio recoñecemento do público en álbums como L'era del cinghiale bianco (1979), Patriots (1980), La voce del padrone (1981, o primeiro 33 revolucións italiano que supera o millón de copias vendidas), L'arca di Noè (1982), Orizzonti perduti (1983), Mondi lontanissimi (1985), Fisiognomica (1988), Giubbe rosse (1989, o seu primeiro álbume en directo), Come un cammello in una grondaia (1991), Caffé de la Paix (1993) e L'ombrello e la macchina da cucire (1995), o último álbume para a EMI.
Nesta época as súas cancións entran con pleno dereito na historia da música, non só italiana: abonda citar L'era del cinghiale bianco, Il re del mondo, Up patriots to arms, Prospettiva Nevskji, Bandiera bianca, Centro di gravità permanente, Cuccurucucu, Radio Varsavia, Voglio vederti danzare, I treni di Tozeur (ca que no 1984 clasifícase quinto en Eurovisión acompañado de Alice), La stagione dell'amore, La Cura e tantas outras, incluída a célebre Povera patria, unha durísima proclama contra o poder político e o poder en xeral. Na súa música advírtese unha profunda e costante busca da espiritualidade, como nos temas E ti vengo a cercare, L'oceano di silenzio e L'ombra della luce.
[editar] As colaboracións
É determinante a súa contribución ó lanzamento de Alice, que vence no Festival de San Remo de 1981 con Per Elisa (escrita ca cantante e Giusto Pio) e ca que firma outras numeras colaboracións, a partir de Il vento caldo dell'estate (1980), Messaggio (1982), Chan-son egocentrique (1983), I treni di Tozeur (1984), colaborando nos arranxos de dous álbums (Capo Nord e Alice no 80 e 81). No 1985 a cantante saca outro álbume, Gioielli rubati no que se inclúe unha famosa versión de Prospettiva Nevskji. No 2002 volven a facer un dueto no tema Come un sigillo, único inédito do álbume Fleurs 3.
Con Giuni Russo, cantante lírica de excelente calidade vocal, obtén un gran recoñecemento con Un'estate al mare (1982). O momento máis importante da colaboración con esta artista é ca realización do álbume Energie (1981), grande exemplo dos elementos innovadores do primeiros anos 80. Con Giuni colabora firmando os arranxos do seu testamento musical, a canción Morirò d'amore ca que participa no Festival de San Remo de 2003.
[editar] Os numerosos proxectos
A partir do 1985, moi sorprendido da colosal acollida non só en Italia, senón tamén en España e gran parte de Europa (pero non tanto nos países anglosaxóns) adícase á creación de numerosos proxectos alleos á música pop, acollidos tamén con grande interese.
No 1985 funda unha casa editorial propia L'Ottava que, en colaboración con Longanesi, publica catorce libros de autores varios, dos que algúns republicarán na casa editorial Neri Pozza, ligada a temática esotérica e en particular ó pensamento de Georges Ivanovitch Gurdjieff. No 1989 funda unha produtora discografica homónima da casa editorial, que publichará seis títulos de música etnica e música celta.
Escribe Evoluzione evoluzione evoluzione, mentras Mondadori no 2005 publica o seu Ideogrammi.
Compón tres óperas líricas, Genesi (1987), Gilgamesh (1992) e Il cavaliere dell'intelletto nel 1994. É o primeiro músico occidental en actuar en Iraq, no 1992, baixo o réxime de Saddam Hussein (Concerto di Baghdad, publicado no 2006 en DVD), e é o autor do ballet Campi magnetici, presentado no 2000 no Maggio musicale fiorentino.
[editar] Con Manlio Sgalambro
A partir de 1994 inicia as colaboracións co filósofo Manlio Sgalambro e a casa discográfica Virgin con álbums de boa acollida comercial como L'imboscata (1996), Gommalacca (1998), Ferro battuto (2000) Dieci stratagemmi (2004).O novo dúo presenta a máxica voz de Patty Pravo, "Emma Bovary" contenia no espléndido álbume da cantante veneciana "Notti guai e libertà".
[editar] A pintura
En torno a 1990, Franco Battiato comeza a practicar ca pintura, mediante unha especie de experimento de autoanálise e melloramento de si mesmo. Battiato afirma que a habilidade no deseño e na pintura non son características innatas nos humanos, como moitos críticos pretenden.
Desde 1993 a súa actividade pictóricaa lévao a organizar mostras personais en Italia e no mundo: Roma, Catania, Firenze, Estocolmo, Miami e Goteborg; unha das súas mostras foi organizada en colaboración con Piero Guccione. Desde o inicio da súa actividade produciu moitas obras baixo o pseudónimo de Süphan Barzani.
[editar] O cine
Despois da súa experiencia como actor teatral en 1967, nos 70 proba sorte co cine.
No 1973 aparece ocasionalmente como actor no film de Corrado Farina Baba Yaga, interpretando a Carrol Baker.
Compón diversas bandas sonoras, colaborando sobre todoo co veronés Giacomo Battiato (homónimo pero non parente), en Brunelleschi (1974) e no film Una vita scellerata (1990) baixo a figura de Filippo Brunelleschi e Benvenuto Cellini, e co compatriota Pasquale Scimeca, firmando a música do film Il giorno di San Sebastiano (1992). Algúns temas seus son utilizados por Antonello Aglioti no film Il giardino dei ciliegi (1992), onde a actriz Marisa Berenson canta Luna indiana, e sobre todo Nanni Moretti, que o cita explicitamente en Bianca (1983, co tema Scalo a Grado) e Palombella rossa (1989, co tema E ti vengo a cercare).
A súa aspiración de dirixir comeza no 1979, cando empeza a dirixir os seus videoclips, recollidos en gran parte no VHS Dal cinghiale al cammello (1992) e reeditados en DVD co título Dal cinghiale al cammello - The Video Collection (2004). No 2003 escribe, dirixe e compón a música para o seu primeiro filme: Perdutoamor, en gran parte autobiográfico, co que se adxudica un Nastro d'Argento. En marzal de 2006 aparece nas salas o seu segundo film: Musikanten, sobre os últimos catro anos de vida do gran compositor Ludwig van Beethoven.
No 2006 dirixe o videoclip "Amara Terra Mia" de Radiodervish.
En xuño de 2006, na Mostra del Nuovo Cinema di Pesaro, anuncia o seu terceiro film, tamén escrito con Manlio Sgalambro: Niente è come sembra, interpretado por Giulio Brogi,que sairá directamente en dvd o 31 de outubro de 2007 xunto co libro "In fondo sono contento di aver fatto la mia conoscenza".
[editar] Discografía
[editar] Álbums de estudio
- xaneiro 1972: Fetus
- novembro 1972: Pollution
- 1973: Sulle corde di Aries
- 1974: Clic
- 1975: M.elle le Gladiator
- 1977: Battiato
- 1978: Juke Box
- 1978: L'Egitto prima delle sabbie
- 1979: L'era del cinghiale bianco
- 1980: Patriots
- 1981: La voce del padrone
- 1982: L'arca di Noè
- 1983: Orizzonti perduti
- 1985: Mondi lontanissimi
- 1988: Fisiognomica
- 1991: Come un cammello in una grondaia
- 1993: Messa Arcaica
- 1993: Caffè de la Paix
- 1994: L'ombrello e la macchina da cucire
- 1996: L'imboscata
- 1998: Gommalacca
- 1999: Fleurs (album di cover)
- 2001: Ferro battuto
- 2002: Fleurs 3 (album di cover)
- 2004: The Platinum Collection (recompilatorio)
- 2004: Dieci stratagemmi
- 2007: Il vuoto
[editar] Recompilatorios e álbums en vivo
- 1975: Feed Back (recompilatorio)
- 1986: Battiato
- 1989: Giubbe rosse (en vivo)
- 1994: Unprotected (en vivo)
- 1996: Battiato Studio Collection (recompilatorio)
- 1996: Battiato Live Collection (recompilatorio, en vivo)
- 1996: Shadow, Light (recompilatorio)
- 2000: La cura (recompilatorio)
- 2001: Introspettiva (recompilatorio)
- 2002: La convenzione (recompilatorio de temas do periodo experimental - con Juri Camisasca e Osage Tribe)
- 2003: Last Summer Dance (enl vivo)
- 2003: Le Stagioni Del Nostro Amore (recompilatorio cos primeiros sinxelos dos 60)
- 2005: Studio Collection (reedición)
- 2005: Un soffio al cuore di natura elettrica (en vivo)
- 2006: The Platinum Collection 2 (recompilatorio)
- 2007: Frequenze e Dissolvenze (best studio + best live + DVD Dal Cinghiale Al Cammello + DVD Concerto di Baghdad)
[editar] Álbums en castelán
- 1981: La Voz de su Amo
- 1983: Horizontes Perdidos(Arxentina)
- 1985: Ecos de Danzas Sufi
- 1985: Sentimiento Nuevo(Arxentina)
- 1987: Nomadas
- 1987: Battiato en Español (recompilatorio)
- 1988: Fisiognomica
- 1989: Giubbe Rosse
- 1991: Como un Camello en un canalón
- 1996: Battiato Collection
- 1996: La emboscada
- 2001: Hierro Forjado
[editar] Álbums en inglés
- 1971: Foetus (rexistrado na época pero editado só nos 90 en CD)
- 1974: Clic
- 1985: Echoes of Sufi Dances
[editar] Mini LP
- 1998 Il ballo del potere (con 3 inéditas)
- 1998 Shock in my Town (cun inédito e 2 en vivo)
[editar] Óperas e Ballet
- 1987: Genesi (opera lirica)
- 1990: Benvenuto Cellini - Una vita scellerata (colonna sonora)
- 1992: Gilgamesh (opera lirica)
- 1994: Messa arcaica
- 2000: Campi magnetici - I numeri non si possono amare (música para balet)
[editar] Sinxelos
- 1965: L'amore è partito (distribuído por Nuova Enigmistica Tascabile)
- 1965: E piu ti amo (distribuído por Nuova Enigmistica Tascabile)
- 1967: La torre / Le reazioni
- 1967: Triste come me / Il mondo va così
- 1968: È l'amore / Fumo di una sigaretta
- 1969: Sembrava una serata come tante / Gente
- 1969: Bella ragazza / Occhi d'or
- 1971: Vento caldo / Marciapiede
- 1972: Energia / Una cellula
- 1972: La convenzione / Paranoia
- 1979: L'era del cinghiale bianco / Luna indiana
- 1981: Bandiera bianca / Summer on a Solitary Beach
- 1984: I treni di Tozeur / Le biciclette di Forlì (con Alice)
- 1985: No Time No Space / Il re del mondo
- 1985: Via lattea / L'animale
- 1996: Strani Giorni/Decline and fall of the roman empire
- 1996: La Cura
- 1998: Shock in my town
- 1998: Il ballo del potere
- 2001: Running against the grain/Sarcofagia/In trance
- 2004: Tra Sesso e Castità/Le aquile non volano a stormi/Ermeneutica
- 2007: Il vuoto
- 2007: Aspettando l'estate
[editar] Sinxelos en castelán
- 1985: La estación de los amores
- 1985: Centro de Gravedad
- 1985: Sentimiento Nuevo
- 1985: No time no space
- 1987: Bandera blanca
- 1987: Perspectiva Nevski
- 1987: Nomadas
- 1988: Y te vengo a buscar
- 1988: Mesopotamia
- 1989: Alexander Platz
- 1991: Pobre Patria
- 1996: Yo quiero verte danzar
- 1996: De Paso
- 1996: El cuidado
- 2001: Vida en diagonal
[editar] Sinxelos en inglés
- 1985: I want to see you as a dancer
[editar] Videografía
- Dal cinghiale al cammello (en VHS no 1992, en DVD no 2004)
- Concerto di Baghdad (en VHS no 1992, en DVD nel 2006)
- Messa arcaica (en VHS no 1994)
- L'Imboscata Tour 1997 (en VHS no 1998, in DVD, co título la Cura no 2004)
- Un soffio al cuore di natura elettrica (en DVD no 2005)
[editar] Representacións teatrais
- Il cavaliere dell'intelletto - Primeira representación: Palermo, Cattedrale, 20 de setembro de 1994 (non publicada discograficamente)
[editar] Filmografía
[editar] Películas
- Perduto amor, (2003) (aprodución, guión, escenografía e banda sonora)
- Musikanten, (2005)
- Niente è come sembra , (2007)
[editar] Óutras
- Tecnica mista su tappeto. Conversación autobiográfica con Franco Pulcini. EDT, 1992.
- Evoluzione evoluzione evoluzione. Bonanno, 1998.
- Parole e canzoni. Giulio Einaudi Editore, 2004.
- Ideogrammi. Arnoldo Mondadori Editore, 2005.
[editar] Bibliografía
- Maurizio Macale. Mentre ascoltavo un disco di Battiato. Bastogli Editrice Italiana, 1996.
- Enzo Di Mauro, Roberto Masotti. Fenomenologia di Battiato. Auditorium, 1997.
- Maurizio Macale. Franco Battiato: Centro di gravità permanente. Dalle origini a "Gommalacca". Bastogli Editrice Italiana, 1998.
- Luca Cozzari. Franco Battiato. Pronipote dei padri del deserto. Zona, 2000.
- Maurizio Macale. Franco Battiato. Una vita in diagonale. Bastogli Editrice Italiana, 2002.
- Paolo Jachia. E ti vengo a cercare. Franco Battiato e il sacro. Ancora, 2005.
- Alessandro Pomponi. Franco Battiato - Discografia Illustrata. Coniglio Editore, 2005.
- Guido Guidi Guerrera. Battiato. Another link. Verdechiaro, 2006.