Karlheinz Stockhausen
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa música que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Karlheinz Stockhausen, nado o 22 de agosto de 1928 en Mödrath (Alemaña) e finado o 5 de decembro do 2007 en Kürten (Alemaña), foi un compositor alemán ámplamente recoñecido como un dos compositores máis importantes da música culta do século XX. Foi compañeiro de Pierre Boulez, estudando ámbolos dous co compositor e organista Olivier Messiaen. As suas obras revolucionaron a percepción do ritmo, a melodía e a harmonia.
É tamén coñecido polas súas innovacións na música electroacústica, música aleatoria e no serialismo (destacando Keuzspiel e Formel). Das súas obras máis ambiciosas destacan o cuarteto de corda con helicópteros (Helikopter-Streichquartett), que é tocado con eses instrumentos (un cuarteto de cordas e catro helicópteros).
Tralos ataques do 11 de setembro de 2001 nos Estados Unidos, realizou unhas polémicas declaracións nas que comparou os ataques a unha grandiosa obra de arte.