Interacción nuclear débil
A interacción nuclear débil é, xunto á gravidade, á interacción nuclear forte e ó electromagnetismo, unha das catro forzas fundamentais da natureza. É a responsable de certos tipos de radioactividade natural, como a desintegración dun neutrón nun protón, un electrón e un neutrino. Os bosóns vectoriais (
) son as partículas fundamentais que garanten a transmisión da forza nuclear débil.
Foi nos anos 1930 cando os físicos que estudaban a radiación emitida polos átomos déronse conta que, en certos casos, o núcleo do átomo emitía electróns.
O fenómeno débese a que, ás veces, un neutrón do núcleo transfórmase nun protón e un electrón. O electrón remata por escapar do núcleo, pero ó medir as súas propiedades descóbrese que falta certa cantidade de enerxía.
Propúxose unha nova clase de partícula para explicar este fenómeno, unha partícula que se leva a enerxía que falta, totalmente sen carga, invisible e á cal as forzas eléctricas e magnéticas non afectan. Enrico Fermi chamouna Neutrino (en italiano, Neutronciño) aínda que o nome quedou tal cal).
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa física que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |