Florence Henri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFlorence Henri
Biografía
Nacemento28 de xuño de 1893 Editar o valor em Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xullo de 1982 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Laboissière-en-Thelle, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuíza
Francia Editar o valor em Wikidata
EducaciónBauhaus Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Francia Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfotógrafa , pintora , debuxante Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1915 Editar o valor em Wikidata - 1935 Editar o valor em Wikidata
MovementoCubismo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresJosef Albers, László Moholy-Nagy e Fernand Léger (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Participou en
foto '37 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Florence Henri, nada en Nova York o 28 de xuño de 1893 e finada en Laboissière-en-Thelle o 24 de xullo de 1982,[1] foi unha fotógrafa e artista. Creceu en Europa e estudou en Roma, onde coñeceu os futuristas, en Berlín, en París con Fernand Léger e Amédée Ozenfant, e finalmente na Bauhaus de Dessau antes de regresar a París, onde comezou coa fotografía. Na súa obra inclúese a fotografía experimental, a publicidade e os retratos, moitos deles de artistas.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Henri naceu en Nova York, filla de pai francés e nai polaca. Despois da morte da súa nai en 1895, Henri e o seu pai empezaron a viaxar polo seu traballo como director dunha compañía petrolífera. Henri comezou a estudar música en París aos 9 anos de idade En 1906, Henri e o seu pai instaláronse na illa de Wight en Inglaterra onde o seu pai morreu en 1908.[2] Despois da morte do seu pai, Henri foi a vivir a Roma con Gino Gori, un poeta que introduciu a Henri nos movementos artísticos de vangarda.

En 1913 Henri trasladouse a Berlín para continuar os seus estudos de música co pianista-compositor Ferruccio Busoni.[2] Cando estalou a primeira guerra mundial en 1914, Henri viuse atrapada en Berlín, co seu diñeiro conxelado. Para lograr vivir, Henri tocou o piano para filmes mudos. Despois de visitar a Academia das Artes de Berlín, Henri decidiu continuar coa pintura en lugar de coa música. Ao longo dese período, Henri centrouse en paisaxes e estudos de figuras. Tamén nesa época, coñeceu o crítico e historiador de arte alemán Carl Einstein que se converteu nun mentor e amigo íntimo ata a súa morte en 1940. Despois da PGM, Henri estudou con artistas como Johann Walter-Kurau e Vasili Kandinski.

En 1924, Henri decidiu trasladarse a París, mais tivo dificultades para obter o permiso de residencia en Francia. O 18 de xuño de 1924, casou con Karl Anton Koster en Lucerna. Era un matrimonio de conveniencia para Henri, que deste xeito quería obter o permiso para residir en Francia. Koster e Henri divorciáronse en 1954.[2]

Educación[editar | editar a fonte]

En 1925, Florence Henri apuntouse na Académie Moderne para estudar con Fernand Léger e Amédée Ozenfant.[2] No verán de 1925, o pintor polaco Victor Yanaga Poznanski organizou a "Exposición Internacional. A arte de hoxe en día". Foi a primeira exposición internacional de arte vangardista en París dende a PGM. Ademais de Henri, outros artistas expuxeron a súa obra como Piet Mondrian, Paul Klee e Pablo Picasso. Despois de exhibir obras na "Exposición da Académie Moderne" na Galería Aubier en marzo de 1927, Henri marchou a estudar á Bauhaus en Dessau.

Carreira[editar | editar a fonte]

A obra de Florence Henri ocupou un lugar central no mundo da fotografía de vangarda a finais dos anos vinte. Fíxose membro do grupo Círculo e Cadrado en 1929.[1] Na Bauhaus, Henri coñeceu a László Moholy-Nagy e acudiu ao seu curso de fotografía de verán. Trasladouse á casa de Moholy-Nagy e fíxose amiga íntima da súa esposa Lucia Moholy que a animou a centrarse na fotografía.

Coas fotografías de Florence Henri, a práctica fotográfica entra nunha nova fase, cunha amplitude que non podía imaxinarse antes de agora. Sobre todo pola precisa e exacta composición destas fotos moi definidas, a investigación dos efectos da luz súmese non só a través de fotogramas abstractos, senón tamén en fotos de suxeitos da vida real...
László Moholy-Nagy.

Contra 1928 abandonara a pintura e instalou o seu propio estudo como fotógrafa freelance profesional.

Un dos seus autorretratos publicouse por Moholy-Nagy en i10 Internationale Revue. A crítica de Moholy-Nagy recoñece que as súas fotografías cumpren o principio de "estrañar" onde as "reflexións e as relacións espaciais, as superposicións e as penetracións examínanse dende un novo ángulo de perspectiva". Moitas das súas fotografías incorporan espellos; Henri usou espellos para as súas propias dramatizaciones, en fotografía comercial e para facer retratos de amigos como Jean Arp, Petra Van Doesburg, Sonia Delaunay, Vasili Kandinski, Fernand Léger e Margarete Schall.

En 1930, participou na Exposición Internacional Das Lichtbild en Múnic. Ao ano seguinte, incluíronse fotografías súas nunha exposición de fotografía publicitaria estranxeira en Nova York. A súa obra comparouse á dos fotógrafos Man Ray, László Moholy-Nagy e Adolphe Baron de Mayer, así como co gañador do primeiro premio na exposición, e director da Bauhaus, Herbert Bayer. Con isto uniuse ás filas das iconas da vangarda daquela época. A importancia da súa obra foi recoñecida por exposicións en solitario e a publicación en varios xornais, incluíndo N-Z Wochenschau. Produciu unha serie de imaxes da bailarina Rosella Hightower.

Situando o seu estudio de retratos en París en 1928, en 1930 deu clases que incluíron futuras celebridades como Gisèle Freund e Lisette Model.[3]

Segundo se aproximaba a segunda guerra mundial trala toma do poder polos nazis, houbo un declive marcado na súa obra fotográfica que foi considerada arte dexenerada. Os materiais fotográficos foron progresivamente máis difíciles de obter e Henri regresou á pintura abstracta ata a súa morte en 1982.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Photographers A-Z. Taschen. 2011. p. 168. ISBN 978-3-8365-1109-4. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Du Pont, Diana (1990). Florence Henri: Artist-photographer of the Avant-garde. San Francisco: Museum of Modern Art. p. 129. ISBN 0-918471-17-6. 
  3. "Meet Florence Henri, One of Photography’s Unsung Influencers". Consultado o 8 de marzo de 2015. 
  4. "Florence Henri". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2016. Consultado o 8 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]