Filipe, antipapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papas do século VIII
Antipapas

Filipe (ou Filipo) foi antipapa durante un só día, o 31 de xullo de 768.

No verán do 768, un grupo de notables conducidos polo primicerio Cristóbal e unha gornición que enviara Desiderio de Lombardía logrou apoderarse do impostor, o antipapa Constantino II , sacáronlle os ollos e encerrárono nun convento [1]. Desiderio, aproveitou entón a ocasión para nomear a Filipe, que tiña sobre Constantino a vantaxe de ser monxe. Entronizárono no palacio de Letrán, pero no mesmo día despúxerono. Non resistiu e regresou ao convento de San Vito. Seguidamente os francos elixiron a Estevo IV (ou Estevo III, segundo as numeracions), sacerdote siciliano que tiña asegurado o seu recoñecemento por parte dos sucesores de Pipino o Breve: Carlomagno e Carlomán, outro fillo de Carlos Martel [2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Apeles Santoralia, José (2005). El Papa ha muerto, ¡viva el Papa!: cómo cambia el poder en el Vaticano.. pp. 293. ISBN 848977966X, ISBN 9788489779662. "páxina 145" 
  2. Historia Papal