Nicolao V, antipapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papa do século XIII ó século XIV
Papas do século XIV
Papa do século XIV ó século XV
Antipapa/s



Pietro Rainalduccio, nado en Corvara (Abruzos) en 1260 e finado en Aviñón en 1333, foi un relixioso italiano, considerado antipapa pola igrexa católica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1328 foi coroado papa co nome de Nicolao V a instancias do emperador alemán Luís IV da Baviera, en oposición a Xoán XXII, que o excomungara, acusandoo de bruxería. O seu pontificado durou dous anos, durante os cales se someteu ao seu rival, pasando a vivir na cidade en que este reinaba, Aviñón, onde veu a falecer pouco tempo despois.