Fiz V, antipapa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Papa do século XIV ó século XV
Papas do século XV
Papa do século XV ó século XVI
Antipapa/s

Amedeo VIII de Savoia, nado en Chambéry o 4 de setembro de 1383 e finado en Thonon-les-Bains o 6 de xaneiro de 1451, foi conde (1391-1416) e duque (1416-1440) de Savoia. De 1439 ao 1449 foi antipapa co nome de Fiz V.

Ao morrer seu pai, Amedeo VII de Savoia, o novo conde era moi novo polo que a súa nai Bona de Berry asumiu a rexencia pero foi apartada do poder por intrigas palacianas. Arredor de 1400 asumiu o poder, incrementou os seus dominios, casou con María de Borgoña en 1401, despois da morte da súa dona retirouse á vida monástica en 1434 e fundou a orde de San Mauricio e en 1439 o Concilio de Basilea contrario a Uxío IV elixiuno papa, a Igrexa Católica teno polo último dos antipapas históricos e no seu tempo tivo poucos seguidores. En 1449 ao morrer Uxío IV, Amedeo abdicou deseguido.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fiz V, antipapa Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Diciopedia do século XXI. T. 1, p. 289, entrada: "Basilea: ...Concilio de Basilea...designou o antipapa Félix V, o derradeiro da historia."